Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Uncover, o proxecto europeo para detectar mensaxes ocultas de criminais, celebrou a súa reunión anual en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Uncover, o proxecto europeo para detectar mensaxes ocultas de criminais, celebrou a súa reunión anual en Vigo

S. P.
Publicado: 15/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_reunion.jpgUncover, o proxecto europeo que busca detectar mensaxes e datos ocultos enviados por criminais e terroristas en todo tipo de documento dixital multimedia, celebra esta semana a súa reunión anual en Vigo. Nela avaliando avances, participan axencias de seguridade, centros de investigación, institutos forenses e empresas de nove países europeos. Tamén están presentes nas sesións Fernando Pérez-González e David Vázquez Padín, do Centro de Investigación de Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, AtlantTIC, que é o único grupo académico español que forma parte de Uncover.
O proxecto está composto por 22 socios entre os que se atopan tamén -pola parte española- a Ertzaintza, o centro tecnolóxico galego Gradiant ou a empresa alacantina Ethical&Legal Plus, responsable dos aspectos éticos e legais do proxecto; todos eles coordinados pola Real Academia Militar de Bruxelas.
Segundo explican Fernando Pérez e David Vázquez, “estase a desenvolver unha ferramenta na que empregando a Intelixencia Artificial poidamos detectar mensaxes en arquivos multimedia de grupos terroristas ou mesmo de pederastas” que, empregando a técnica da esteganografía, envían comunicacións ocultas imposibles de percibir a simple vista.
“As forzas de seguridade dos Estados son as destinatarias das ferramentas nas que estamos a traballar que deberán funcionar no mundo real coa mesma eficacia que o fan nun laboratorio. O obxectivo é que o algoritmo debe estar adestrado para poder analizar calquera disco duro ou comunicación á que teña acceso a policía”, engaden.
Uncover ten un financiamento de 7 millóns de euros en tres anos dentro do programa Horizonte 2020. Tras un ano de traballo, a de Vigo é a segunda reunión presencial á que asisten todos os membros do consorcio.
O Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións, GPSC, do que forman parte os investigadores Fernando Pérez e David Vázquez, posúe unha ampla experiencia na análise forense de arquivos multimedia, de aí que fose un dos grupos de investigación europeos seleccionados das oito universidades europeas e centros de investigación que participan. Froito desta experiencia é Fawrensian, unha ferramenta capaz de verificar un millón de arquivos ao día e “detectar falsificacións tanto en documentos de identidade como tarxetas bancarias, principalmente, en transaccións vía móbil ou web”, sinalan dende AtlantTIC.
O catedrático da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Fernando Pérez, fundou hai 25 anos o Grupo de Procesado de Sinal e Comunicacións cuxa competencia está avalada polos máis de setenta traballos publicados en cabeceiras científicas internacionais e a ducia de patentes internacionais acadadas. En 2021, este grupo recibiu o recoñecemento da Real Academia Galega de Ciencias por un traballo para protexer a información de ordenadores ante un posible ataque cuántico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?