Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A escola coruñesa Hack A Boss presenta un novo curso intensivo de programación: Summer Bootcamp
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A escola coruñesa Hack A Boss presenta un novo curso intensivo de programación: Summer Bootcamp

S. P.
Publicado: 16/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hack_a_boss_alumnado_3_1_.jpgHack A Boss, a escola coruñesa de programación, vén de presentar o seu novo bootcamp de programación full stack, agora en formato intensivo. Baixo o nome de Summer Bootcamp, a empresa de formación ofrece agora a opción de aprender todas as habilidades técnicas necesarias para entrar no sector tecnolóxico en só 10 semanas, sendo esta una das áreas con máis demanda laboral polas empresas. Lembrar que unha bootcamp é un programa intensivo de adestramento práctico de curta duración, neste caso tecnolóxico. Adoita incluír simulacións reais de traballo.
Respecto da proposta concreta de Hack A Boss, a novidade reside en que a persoa que elixa formarse coa escola coruñesa farao agora en menos tempo, 10 semanas de formación, con 7 horas de clase de luns a xoves. “Unha das grandes vantaxes deste Summer Bootcamp”, comentan desde a escola, “é que calquera persoa sen coñecementos previos pode aprender os fundamentos básicos das tecnoloxías web máis demandadas polo mercado nun tempo moi curto”. E engaden: “En 10 semanas, formamos aos nosos estudantes nunha das áreas tecnolóxicas con maior índice de empregabilidade. O que é unha gran oportunidade para acceder ao sector tech”
hack_a_boss_cursos_academia.jpg Este Summer Bootcamp dará comezo o 4 de xullo, estendéndose así ata o 8 de setembro. Aquelas persoas que o desexen poderán sumar á súa formación unha semana extra antes da experiencia formativa intensiva, onde se dará contexto a toda a formación con clases sobre historia da Internet e das linguaxes de programación, pseudoprogramación, software necesario…
Hack A Boss salienta que entre “os puntos fortes do programa formativo desta edición” está a presenza de profesores con experiencia en grandes compañías tecnolóxicas como Google, Microsoft, Amazon ou Facebook. A iniciativa tamén contará coa presenza de docentes con experiencia en startups de primeira orde, que contribuíron de forma significativa ao desenvolvemento do mercado tecnolóxico en España. “Estes docentes”, explican fontes da escola coruñesa, “impartirán diferentes obradoiros na fase do programa coñecida como Boost Academy, unha aceleradora de talento á que ten acceso todo o alumnado para poder aumentar o seu talento e preparación”. O obxectivo destes talleres é que as e os estudantes teñan a posibilidade de aprender de profesionais con experiencia nas grandes tecnolóxicas do mundo. De feito, a escola coruñesa é a única de España que conta cun programa similar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?