A Cámara de Comercio de España celebrou a primeira edición dos Premios Cámaras que nacen co obxectivo de “recoñecer e poñer en valor o labor das entidades camerais territoriais en diferentes ámbitos de especial relevancia para o desenvolvemento económico e social do país”. A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela foi a única entidade galega das súas características premiada nesta primeira edición dos Premios Cámaras recibindo o galardón na categoría de Emprendemento.
Maria Pais, quen representou ao presidente da Cámara de Comercio de Santiago e, recolleu o premio, tivo palabras de agradecemento para “os vogais do pleno polo apoio incondicional desde o minuto un, desde que decidimos darlle á volta á Cámara e démoslla”.
O resto de gañadores foron: a Cámara de Tarragona na categoría de Internacionalización; a Cámara de Valencia en Dixitalización: a Cámara de Sevilla en Formación; a Cámara de Zaragoza en Sustentabilidade; a Cámara de Valladolid en Arbitraxe e a Mediación, e as catro Cámaras canarias -Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife, Forteventura e Lanzarote e A Graciosa- na categoría de Liderazgo Social.
No acto participou a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, quen eloxiou a elección das distintas categorías para a primeira edición destes premios, “son áreas nas que a maioría das empresas e institucións pódense sentir reflectidas en canto ás súas desvelos cotiáns. E é algo que fala ás claras do que fai especial ás Cámaras”.
A Cámara de Santiago, premiada pola Cámara de Comercio de España na categoría de emprendemento
Compartir Este Artigo

