Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ARVI participa nun proxecto europeo que aplica Realidade Virtual á prevención de emerxencias no mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ARVI participa nun proxecto europeo que aplica Realidade Virtual á prevención de emerxencias no mar

S. P.
Publicado: 20/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

arvi_realidade_virtual.jpgO proxecto Erasmus+ chamado Realidade virtual para emerxencias marítimas, co acrónimo VR-ME, posto en marcha en 2019 por seis expertos provedores de educación e formación profesional, así como representantes da industria pesqueira europea, foi obxecto dunha xuntanza de traballo a semana pasada, na que se avaliaron os froitos acadados durante 30 meses de actividade, tarefas en boa medida focalizadas en desenvolver un programa de formación e un simulador de Realidade Virtual para emerxencias marítimas a bordo dun buque pesqueiro. Emerxencias como por exemplo incendios, o abandono do barco, colisións, caídas de persoas á auga, inundacións ou fracaso nas manobras.
A iniciativa VR-ME conta coa implicación directa de ARVI, Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (SP), que é o principal grupo de armadores de España e un dos máis importantes da Unión Europea. Neste proxecto achega a súa experiencia en servizos de formación e máis en prevención de riscos laborais.
“Tales emerxencias son situacións de tensións nas que a tripulación debe seguir directrices e procedementos específicos para garantir a súa seguridade. Para conseguir este fin, este innovador proxecto proporciona un complemento á formación en materia de emerxencias para profesionais do sector da pesca a partir da utilización de realidade virtual como ferramenta pioneira na industria pesqueira”, sinalaron os responsables do proxecto cuxos socios proveñen de Francia, Galicia (España), Holanda, Bélxica e Grecia. O consorcio está formado por, IMP, o solicitante, SGS Tecnos, SQ Learn, ARVI, Europêche, e PFA.
Durante o desenvolvemento do proxecto realizáronse cinco reunións transnacionais e desenvolvéronse diferentes tarefas en entre as que se atopan as seguintes:
1. Análise dos accidentes marítimos con consecuencias graves nos seguintes países: España, Bélxica, Holanda e Francia, esta baseábase en determinar as emerxencias marítimas máis comúns segundo o país e o tipo de buque pesqueiro, así como tamén a nivel europeo.
2. Identificación de riscos marítimos e medidas preventivas en buques pesqueiros de España, Bélxica, Holanda e Francia.
3. Desenvolvemento de procedementos para liquidar cada unha das emerxencias seguintes:
a. abandono do buque;
b. inundación/vía de auga;
c. incendio;
d. home á auga;
e. fallo de máquinas;
f. colisión/abordaxe.
Así como recompilación de toda a normativa que a nivel europeo afecta a estas emerxencias.
4. A partir das emerxencias e os procedementos identificados nas fases anteriores, os socios do proxecto adaptaron os procedementos de emerxencia a un storyboard para ser utilizados no desenvolvemento da contorna de RV (Realidade Virtual) onde o usuario poida moverse dentro dun buque pesqueiro, facendo fronte a varios escenarios de risco.
5. Posteriormente seleccionáronse as emerxencias que se adaptaron ao simulador en función da probabilidade de que ocorran, a gravidade e a adaptabilidade a unha contorna de aprendizaxe simulada: abandono do buque, incendio, home á auga.
6. Para que os socios do proxecto puidesen complementar e mellorar o simulador, levaron a cabo varias probas piloto cos futuros usuarios do curso de formación naqueles países europeos aos que pertence o consorcio. Desta maneira púidose coñecer a súa opinión, producir o manual para utilizar correctamente o programa informático e perfeccionar o simulador co programa de formación.
7. Actualmente estanse desenvolvendo diferentes xornadas de difusión nos diferentes países dos socios participantes para dar a coñecer o proxecto. En Galicia realizáronse dúas xornadas de difusión os días 27 de maio e 17 de xuño na que asistiron en maior medida mandos de buques pesqueiros e puideron coñecer de primeira man o conxunto deste innovador proxecto. Finalmente, no mes de xullo presentarase no Parlamento Europeo, ao obxecto de que a súa difusión sexa o mais ampla posible no ámbito do continente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?