Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno reserva a Galicia case 52 millóns para a nova convocatoria de banda larga no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno reserva a Galicia case 52 millóns para a nova convocatoria de banda larga no rural

S. P.
Publicado: 20/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

plan_unico.jpgO delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, vén de presentar a nova convocatoria de investimentos do Executivo central en materia de conectividade rural, unha despregadura de recursos que Miñones cualificou de “aposta histórica”. Segundo lembrou, o Estado reserva 51,9 millóns de euros para levar a banda larga a territorios da nosa terra (zonas brancas) onde esta aínda non ten presenza nin existen previsións para emendar esta eiva.
Sinalou que este investimento servirá para proporcionar “conexión a Internet ultrarrápida ás vivendas e empresas de zonas illadas e remotas de Galicia para avanzar na a igualdade entre os territorios”. Isto farase a través da segunda convocatoria de axudas do Programa Único-Banda Larga, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Miñones informou de que xa está aberto o prazo para que as empresas operadoras presenten as súas solicitudes e mostrou o seu convencemento de que “esta convocatoria suporá un chimpo cualitativo para Galicia de igual magnitude que a contía reservada”.
A convocatoria do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital conta con 250 millóns de euros en total e pre-asigna a cada Comunidade unha cantidade concreta en función das zonas sen cobertura identificadas nestes territorios. Os destinatarios destas axudas son as operadoras de telecomunicacións habilitadas que dispoñen ata o vindeiro 19 de xullo de prazo.
Para definir as zonas, o Ministerio abriu un proceso de información pública, do que saíu un novo mapa de conectividades que empregou de base para definir a convocatoria. No caso de Galicia, as zonas candidatas son “zonas brancas”, é dicir, áreas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación no próximos tres anos.
En función destas zonas, a convocatoria de 2022 reserva 13.369.858 euros para financiar proxectos na provincia da Coruña; 12.344.085 euros para as zonas brancas da provincia de Lugo; 18.391.327 euros para executar na provincia de Ourense; e 7.846.702 euros para dotar de conectividade zonas brancas da provincia de Pontevedra.
O delegado explicou que os proxectos resultantes da primeira convocatoria xa están en execución. Con cargo a esta primeira convocatoria, o Goberno destina 19,3 millóns de euros (dun total de 30,1 millóns de euros de investimento total) para estender a cobertura de banda larga ultrarrápida en 15.815 zonas brancas de Galicia, que se identificaron en 278 concellos.
Segundo dixo, os proxectos desta primeira convocatoria deberán estar finalizados antes do remate do vindeiro ano e achegarán a fibra de velocidade ultrarrápida a 89.548 fogares e empresas que ata agora non dispuñan desta posibilidade de conexión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?