Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno central mobilizará 31 drons para combater o lume en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno central mobilizará 31 drons para combater o lume en Galicia

S. P.
Publicado: 20/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mesa_lumes_incendios_galicia_minones.jpgO Goberno central achegar este verán 4.000 efectivos, dez aeronaves e 31 vehículos aéreos non tripulados para combater o lume en Galicia. Así o fixo saber o delegado do Goberno, José Miñones, quen debullou os medios persoais e técnicos que achegarán os ministerios de Defensa, do Interior e para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e que tamén inclúen axentes de Garda Civil, Policía Nacional e persoal do Exército de Terra (BRILAT, UME) e da Armada (Terzo Norte).
“En calquera caso, o Goberno deseñou unha campaña de ámbito nacional na que a resposta é coordinada e única, de tal forma que se fose necesario, os medios despregados noutras comunidades trasladaríanse a Galicia”, e insistiu en que “non hai límite de medios na resposta do Goberno ante un incendio en Galicia”.
José Miñones participou este luns 20 de xuño na constitución do Comité Integrado de Prevención de Incendios Forestais en Galicia, que permanecerá activo ata o vindeiro mes de setembro. Tras a reunión, insistiu que o “compromiso, cooperación e coordinación son as bases que sentamos un ano máis neste comité para garantir a mellor resposta na loita contra o lume”. Todo, apuntou, “co obxectivo duplo de protexer os recursos forestais de Galicia e a poboación que reside nestas zonas”.
Entre as novidades do dispositivo deste ano, o delegado destacou a incorporación de 30 drons do Exército e da Armada ademais dun vehículo aéreo non tripulado de gran tamaño e características especiais, “un dron PASI, que xa se empregou na misión do exército español en Herat-Afganistán”. Esta unidade non tripulada conta cunha autonomía de voo de ata 48 horas, “é dicir, de dous días ininterrumpidos; voa a 10.000 pés, como un avión, e cun radio de acción de 230 quilómetros”, detallou o delegado.
José Miñones puxo en valor o traballo dos medios estatais na loita contra incendios en Galicia, que, se ben é máis intenso no verán, se estende ao resto do ano. “A semana pasada xa participamos na extinción dos incendios en Ourense”, indicou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?