Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC acolle unha reunión de socios do proxecto europeo para producir silicio sustentable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC acolle unha reunión de socios do proxecto europeo para producir silicio sustentable

S. P.
Publicado: 20/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citmaga_silicio_investigadores1.jpgA Facultade de Matemáticas da USC acollerá este martes 21 de xuño unha xuntanza de socios do proxecto europeo SisAI Pilot, que se dirixe a producir silicio (un dos compoñentes básicos dos dispositivos electrónicos) de maneira sustentable e cun mínimo de impacto ambiental. O acto, que será presentado por Elena Vázquez Cendón, decana da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, contará coa presenza de Gabriella Tranell, coordinadora do proxecto e profesora da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía, e Rosa María Crujeiras, directora científica en funcións do CITMAGA. O acto comeza ás 9.30 horas. Participan investigadores galegos, europeos e americanos. O encontro está promovido polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia.
Coordinado desde a Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU), SisAI Pilot está promovido por un consorcio internacional de 22 socios, do que forman parte centros de investigación europeos como o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAG) e empresas nacionais e internacionais para a aplicación dos resultados, entre elas a galega Fundiciones Rey.
A apertura do encontro será ás 9:30 horas. Participarán a decana da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, Elena Vázquez Cendón; a coordinadora do proxecto e profesora da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía Gabriella Tranell; xunto á directora científica en funcións do CITMAga, Rosa María Crujeiras.
Durante a xornada os asistentes (procedentes de Noruega, Alemaña, Francia, Islandia, Italia, Grecia, EEUU, Sudáfrica e España) porán en común os principais avances logrados no último ano do proxecto.
Iniciado hai dous anos e cunha duración de catro, está financiado polo programa de investigación e innovación Horizon 2020 da Unión Europea, cun orzamento global que supera os 14 millóns de euros.
Na xornada do mércores os participantes realizarán unha visita a Fundiciones Rey en Vilagarcía de Arousa e a Rey Bronze Castings en Cuntis. Terán así a oportunidade de coñecer en fábrica o funcionamento deste proxecto piloto.
Creado a finais de 2021, impulsado polo tres universidades galegas, CITMAGA aspira a converterse nun centro de investigación de referencia no que se integran as capacidades científicas das Matemáticas, pero ademais cunha clara aposta pola transferencia de coñecemento, fundamentalmente á industria autonómica e nacional.
O CITMAGA, a respecto das orixes e dos porqués deste proxecto, sinala que este responde ao reto de introducir meirande sustentabilidade na produción tecnolóxica: “Os nosos hábitos de consumo fan que a sociedade moderna teña unha necesidade inxente de silicio. O seu uso esténdese desde a fabricación de compoñentes electrónicos (microchips de teléfonos, coches, computadores), aliaxes (especialmente de aluminio, que se usa cada vez máis en coches, avións e todo tipo de aliaxes lixeiras) e estes últimos anos na industria relacionada coa enerxía fotovoltaica, onde a placa de silicio é o elemento que permite producir enerxía a partir da luz do sol”. Ademais, na actualidade, o silicio considérase un material crítico para Europa debido aos riscos no seu aprovisionamento e a súa importancia económica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?