Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra ponse na vangarda do turismo intelixente da man de SEGITTUR
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra ponse na vangarda do turismo intelixente da man de SEGITTUR

S. P.
Publicado: 20/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

silva_deputacion_pontevedra_segittur.jpgA Deputación de Pontevedra deu este mes de xuño un paso relevante como punto avanzado (e innovador) de recepción de visitantes, tralo convenio asinado con SEGITTUR para o desenvolvemento conxunto de actuacións para a promoción e impulso dos Destinos Turísticos Intelixentes na provincia. O acordo foi formalizado polo presidente da entidade estatal, Enrique Martínez, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen salientou que a entidade provincial converteuse, en virtude desta alianza, na primeira do ámbito estatal en liderar a expansión do modelo DTI de SEGITTUR (Secretaría do Estado de Turismo). O convenio, dixo Carmela Silva “convértenos no instrumento para que o coñecemento, ideas e proxectos que nacen da Rede DTI se espalle ao mundo local, aos concellos, e construír así o turismo do século XXI”.
Segundo explicou Silva, con este acordo vaise definir o procedemento para que a institución pontevedresa supervise a metodoloxía DTI e a implante e adapte a toda a provincia. Tamén se vai apostar pola formación, con programas de asistencia técnica, formación e xornadas para difundir o modelo e participando en obradoiros, seminarios, congresos e foros sobre DTI. Ademais, vanse sumar sinerxías interinstitucionais con ferramentas e servizos de xestión intelixente, establecendo áreas comúns e/ou espazos compartidos para intercambiar información e a coordinación e intercambio de proxectos.
A Deputación de Pontevedra é unha das institucións fundadoras da Rede estatal de Destinos Turísticos Intelixentes (DTI). Forma parte da súa Comisión Executiva na que é, ademais, a única Deputación de toda España e a única administración galega no máximo órgano de dirección da Rede. Neste espazo de encontro, estase a traballar cunha metodoloxía propia que aposta pola innovación aplicada ao turismo, construíndo infraestruturas tecnolóxicas de vangarda e garantindo a sostibilidade, a accesibilidade e a calidade de vida das persoas visitantes e residentes nos territorios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?