Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrincan os traballos de Adamo para levar fibra óptica a máis de 7.200 vivendas de 8 concellos lucenses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrincan os traballos de Adamo para levar fibra óptica a máis de 7.200 vivendas de 8 concellos lucenses

S. P.
Publicado: 21/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O responsable de Adamo, David Llano, e a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez
O responsable de Adamo, David Llano, e a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez
A operadora Adamo confirmou que xa están en marcha os traballos de enxeñaría para dotar de fibra óptica a máis de 7.200 vivendas de 8 concellos lucenses: Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Pontenova e Riotorto. Diferentes áreas destes municipios contarán a finais de verán coa conexión a Internet que Adamo cualifica como “a máis rápida que existe hoxe no mercado (1.000 MB)”.
A subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, recibiu os días pasados a David Llano, responsable de Adamo en Galicia, quen lle explicou os detalles sobre o novo equipamento, así como sobre o conxunto de despregaduras previstas para o terceiro e o cuarto trimestre. Neste último período, Adamo engadirá unha cifra similar ao anterior, cuns 7.000 fogares conectados por medio da súa fibra óptica.
Este crecemento apóiase, por unha banda, nos fondos propios de Adamo (leva investidos máis de 20 millóns de euros en Lugo). Pola outra, a expansión é posible grazas ás subvencións do Programa de Banda Larga de Nova Xeración (PEBA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que está co-financiado pola Unión Europea (UE). Así, preto de 6 millóns xa se destinan ao desenvolvemento desta infraestrutura na provincia, cantidade que facilitará a conexión de máis de 26.500 fogares lucenses. “É dicir”, explican fontes da operadora, “que a colaboración público-privada, o traballo conxunto entre Adamo e o Goberno, é a fórmula que está a permitir o desenvolvemento da fibra óptica no territorio lucense”.
Aposta de Adamo por Lugo
As ditas operacións enmárcanse no ambicioso plan que a compañía está a desenvolver na provincia, cuns 70.000 domicilios de 27 concellos cableados desde 2018 ata o momento. En concreto, por citar algúns exemplos, a empresa ten a súa infraestrutura expandida na Fonsagrada, Alfoz, Begonte, Cervo, Xove, Barreiros, Lourenzá, O Valadouro ou Foz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?