
Finalmente resolveuse a cuarta edición dos Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera, O Vello dos Contos, convocados polo IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións en colaboración con Ponte nas Ondas e a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García). As gravacións dixitais gañadoras foron as seguintes: na categoría de Primaria o CEIP San Tomé de Cambados por Entrevista a don Maio Galán, e na categoría de Secundaria o IES Alexandre Bóveda de Vigo por As letras de Flow(rencio).
O obxectivo deste certame, dirixido ao alumnado de 10 a 18 anos, é promover a lingua e a cultura galega e portuguesa entre a mocidade mediante a elaboración de gravacións sonoras online e orixinais relacionadas coas nosas nosas escritoras e escritores. No caso desta edición (a cuarta) púxose o foco en Florencio Delgado Gurriarán, quen tomou a remuda de Xela Arias (homenaxeada no 17 de maio en 2021) como figura das Letras Galegas 2022.
Premio especial
O xurado tamén decidiu por unanimidade outorgarlle este ano un premio especial ao podcast titulado A rimar con Florencio Delgado do CEIP Raíña Fabiola de Santiago de Compostela (A Coruña) pola “súa participación activa nos obradoiros de gravacións sonoras dixitais” e pola “alta calidade do traballo do alumnado de 4º de Primaria”. O xurado quixo destacar o extraordinario nivel dos traballos realizados e o esforzo do alumnado e do profesorado.
Finalistas na categoría de Primaria
• CEIP San Tomé – Cambados, Pontevedra| Entrevista a don Maio Galán
• CEIP Mestre Manuel García – Oia, Pontevedra | Pandeirada
• CEIP de Figueiroa – A Estrada, Pontevedra | A Estrada, terra de lendas
• CEIP Sada y sus Contornos – Sada, A Coruña | Tarabelo nas ondas
• CEIP Raíña Fabiola – Santiago de Compostela, A Coruña | A rimar con Florencio Delgado
• CEIP Mestre Valverde Mayo – Sanguiñeda, Pontevedra | Ouh Capitán, meu Capitán
• CEIP Antonio Carpintero – O Pazo, Pontevedra | Radio Horacio. Falando sobre Galicia
• CEIP das Vendas da Barreira – Vendas da Barreira, Ourense | O Galeguismo e Florencio Delgado Gurriarán
• CEIP Antonio Carpintero – O Pazo, Pontevedra| Cadea Arbo. Aprende galego, non sexas parvo.
• CEIP Antonio Carpintero – O Pazo, Pontevedra | Radio Arbo. Podcast galeguista.
Finalistas na categoría de Secundaria
• IES Alexandre Bóveda – Vigo, Pontevedra |
• IES Mendiño – Redondela, Pontevedra |
• CMUS Profesional da Coruña – A Coruña |
• IES Poeta Díaz Castro – Guitiriz, Lugo |
• IES Poeta Díaz Castro – Guitiriz, Lugo |
• IES O Ribeiro – Ribadavia, Ourense | Grupo 3
• IES Mendiño – Redondela, Pontevedra | Sentimos o próximo e creamos versos
• CPR Plurilingüe María Assumpta – Noia, A Coruña | Xóvenes historiadores – Laudas gremiais de Santa María a Nova
• CPR Plurilingüe Losada – Vigo, Pontevedra | Espertade pobo galego
• CPR Plurilingüe Divino Salvador – Vigo, Pontevedra | Delgado Gurriarán nas ondas
O CEIP San Tomé de Cambados e o IES Alexandre Bóveda de Vigo, gañadores do certame de podcasts O Vello dos Contos
Compartir Este Artigo

