Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae mergúllanos cun novo curso na realidade presente e futura da Intelixencia Artificial e a Computación Cuántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae mergúllanos cun novo curso na realidade presente e futura da Intelixencia Artificial e a Computación Cuántica

S. P.
Publicado: 21/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

qbit_intelixencia_artificial.jpgA consultora galega Vitae vai organizar este verán, a través do formato de aula virtual, a primeira edición do curso Intelixencia Artificial e Computación Cuántica. Serán 10 horas de formación, a desenvolver os días 12, 14, 19 e 21 de xullo. O curso é un achegamento á gran revolución tecnolóxica do noso tempo: a protagonizada polas máquinas e os sistemas con capacidade para analizar, compartir e comprender inxentes cantidades de información, axudando en múltiples tarefas de gran complexidade a facilitando a toma de decisións a respecto de todo tipo de procesos.
Segundo informa Vitae, tecnoloxías emerxentes como a Intelixencia Artificial e a Computación Cuántica, entre as cales é posible establecer sinerxías, serán claves para afrontar os maiores retos da sanidade, o sector empresarial, as aplicacións militares, a sustentabilidade enerxética, o medio ambiente ou o mundo das finanzas. “Neste curso”, explica a consultora, “avaliarase dende unha perspectiva global o nivel de desenvolvemento actual da Intelixencia Artificial e da Computación Cuántica na nosa contorna: Europa, España e Galicia”. Ademais, engade Vitae, “permitirásenos verificar se as nosas estratexias actuais en Tecnoloxías da Información permiten un uso eficiente da Intelixencia Artificial e informarásenos sobre o enorme potencial da inevitable e acelerada irrupción da Computación Cuántica no sector produtivo”.
Durante o curso realizaranse prácticas de laboratorio co simulador cuántico de IBM. Amais, informarase aos participantes sobre diversas aplicacións prácticas da Computación Cuántica e sobre programas públicos de financiamento para a súa materialización e incorporación ao mundo empresarial.
O curso será impartido por Vicente Moret, especialista de recoñecido prestixio internacional e senior member do IEEE. Moret é catedrático da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade da Coruña, amais de doutor en Ciencias Físicas e licenciado en Ciencias Químicas. Posúe máis de 25 anos de experiencia en investigación, xestión, transferencia tecnolóxica e docencia, e é autor de máis de 160 publicacións e catro libros científicos, un dos cales está considerado por Forbes, CNN e BookAuthority como un dos 16 mellores libros de Computación Cuántica de todos os tempos. É director da área de Intelixencia Artificial Simbólica e Computación Cuántica do grupo LIDIA-UDC.
O curso está dirixido a profesionais do sector TIC, do ámbito da I+D+i, da área técnica e da xestión cuxa responsabilidade inclúa a mellora dos sistemas de información das empresas. Tamén se dirixe a profesionais con formación académica en Informática, Física, Química, Matemáticas, Enxeñaría e/ou Economía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?