Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN mostra ante os investidores da industria UAV as importantes posibilidades do Polo Aeroespacial de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN mostra ante os investidores da industria UAV as importantes posibilidades do Polo Aeroespacial de Galicia

S. P.
Publicado: 21/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20220621gainexpodronica1.jpgA feira Expodrónica 2022, o maior evento estatal centrado nos vehículos aéreos non tripulados, acolleu este martes 21 de xuño a presentación do Polo Aeroespacial de Galicia, o proxecto impulsado pola Axencia Galega de Innovación para converter a nosa terra nun referente no sector. A encargada de dar a coñecer os detalles presentes e futuros do Polo foi a directora de GAIN, Patricia Argerey. A feira celébrase ata o xoves 23 no marco do World ATM Congress, no recinto feiral IFEMA de Madrid. O obxectivo de GAIN é situar a nosa terra no punto de mira dos axentes investidores da industria dos sistemas non tripulados.
Na exposición ofreceuse “unha visión integral” da Civil UAVs Initiative relatada a través das voces dos seus protagonistas: a Administración galega, as empresas, os centros tecnolóxicos, as entidades usuarias dos proxectos de Compra Pública de Innovación e as startups.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, puxo en valor que a Civil UAVs Initiative naceu “coa mirada posta en especializar e fortalecer o sector industrial galego”. A directora sinalou que “contamos cun número crecente de integrantes do ecosistema que viñeron para quedar e seguir aumentando a súa dimensión, as súas metas e os seus servizos” e destacou “as capacidades das empresas e centros de coñecemento que participan no Polo Aeroespacial de Galicia”.
No encontro participou unha representación dos máis de 50 axentes que forman parte da Civil UAVs Initiative, como é o caso de Boeing, Babcock, Indra, Centum Research & Technology, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), a Fundación CEL – Iniciativas por Lugo, Aeromedia, e Aerocámaras, entre outros.
A Civil UAVs Initiative apoia a organización de Expodrónica, cuxo teatro leva unha vez máis o nome da iniciativa galega para o desenvolvemento e consolidación dunha industria dos vehículos e sistemas non tripulados de uso civil e a súa aplicación nos servizos públicos.
Segundo explicou Argerey, no Civil UAVs Initiative Theatre ofrécese, durante os tres días de celebración do World ATM Congress, unha programación enfocada ao futuro da aviación e á integración da mobilidade aérea avanzada, xestión do tráfico de sistemas non tripulados, vehículos aéreos autónomos e remotamente pilotados ou novos sistemas de xestión do tráfico aéreo.
O Polo Aeroespacial de Galicia está presente tamén na área de exposicións deste destacado evento, onde comparte stand co Consorcio Aeronáutico Galego; e no que empresas como Indra, Seadrone, Centum, Aerocámaras, UAV Works e Lupeón amosarán os seus produtos e servizos e realizarán demostracións durante os tres días de Expodrónica.
O programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas da Civil UAVs Initiative, Business Factory Aero, manterá o prazo de presentación de candidaturas desta cuarta edición aberto ata o vindeiro 15 de agosto, dispoñendo tamén dun espazo propio na feira.
Folla de ruta
A Xunta de Galicia, a través de GAIN, xa ten en execución 84 millóns de euros no novo período de actuacións da Civil UAVs Initiative. Na actualidade están abertas dúas licitacións: unha de Compra Pública Precomercial para a selección de novos socios estratéxicos e industriais no marco do programa de I+D, para o que está previsto un investimento de máis de 50 M€, incluíndo o financiamento obtido do Plan Complementario de Biodiversidade; e unha segunda contratación para avanzar na incorporación de sistemas non tripulados aos servizos públicos galegos, na que se investirán 6,5 M€ para o desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras aplicadas á xestión de emerxencias sanitarias, sociais e forestais e dos recursos mariños. Asemade, adxudicouse xa o proxecto de simulación avanzada para a xestión do tráfico aéreo U-Space no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), unha licitación lanzada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e adxudicada a Indra e Boeing por valor de 12,75 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?