Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Colle impulso na UDC o futuro plan europeo de estudos en IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Colle impulso na UDC o futuro plan europeo de estudos en IA

S. P.
Publicado: 22/06/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_proxecto_ia-_foto_1.jpg_1799089551.jpgO Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade da Coruña presentou este mércores 22 de xuño os resultados do proxecto europeo de innovación educativa AI+: Developing an Artificial Intelligence Curriculum adapted to European High School, unha iniciativa de innovación educativa que ten por obxectivo elaborar un plan de estudos para unha materia de Intelixencia Artificial (IA) adaptada a estudantes de Bacharelato, e válida para toda Europa.
O evento, celebrado no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, foi presidido pola vicerreitora María Jesús Movilla, e o adxunto de Mobilidade e Convenios da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, Evaristo Zas. Participaron tamén o profesorado e o alumnado dos dous centros galegos involucrados no proxecto, o CPI A Xunqueira de Fene e o IES David Buján de Cambre.
udc_ferrol_proxecto_ia-_foto_2.jpg_2063069239.jpgO proxecto, que foi recoñecido polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), contou coa implicación do profesorado e o persoal técnico do Grupo Integrado de Enxeñaría e coa colaboración de seis centros de ensino secundario e de bacharelato de cinco países europeos: o 2IIS A-Ruiz (Italia), o Viesoji istaiga Panevezio Profesinio Rengimo Centras (Lituania), o CPI A Xunqueira (Fene, A Coruña, España), o Solski center Velenje (Eslovenia), o Joensuun yhteiskoulun lukio (Finlandia) e o IES David Buján (Cambre, A Coruña, España). Todos estes centros foron seleccionados en base á súa experiencia previa en proxectos europeos Erasmus+ e á súa traxectoria en innovación educativa.
udc_ferrol_proxecto_ia-_foto_3.jpg_2063069239.jpgTal e como explicou o coordinador do proxecto AI+, o profesor e investigador Fran Bellas, “o desenvolvemento dun plan de estudos para unha materia de Intelixencia Artificial e a súa futurible implantación en toda Europa permitirá reducir a fenda de xénero no eido da enxeñaría, a taxa de abandono escolar e facer máis accesibles uns contidos de vital importancia para a sociedade”.
O Grupo Integrado de Enxeñaría deseñou 16 unidades didácticas nas que o alumnado participante debía afondar no campo das aplicacións para smartphones, da robótica autónoma e da Intelixencia Artificial colectiva. Botando man dos propios dispositivos intelixentes do alumnado e do robot educativo Robobo, o profesorado dos centros colaboradores impartiu estas unidades didácticas como actividade extracurricular ou integrada como parte de materias de tecnoloxía xa existentes. Os seus comentarios e achegas permitiron adaptar e mellorar uns documentos de traballo que son accesibles, de xeito totalmente gratuíto, a través da páxina web do proxecto AI+.
Na xornada deste mércores 22, as alumnas e alumnos de ESO do CPI A Xunqueira de Fene e de ESO e Bacharelato do IES David Buján de Cambre compartiron as súas vivencias e experiencias con outros centros da comarca de Ferrolterra. Todos destacaron que “participar no proxecto europeo AI+ permitiulles mellorar a súa capacidade de traballo en equipo, os seus coñecementos en informática, o seu nivel de inglés e, por suposto, achegarse á Intelixencia Artificial dun xeito ameno e divertido”.
Pola súa banda, as profesoras do CPI A Xunqueira de Fene, Blanca López, e Montse Iglesias, puxeron en valor un proxecto “que permitiu que o seu alumnado explorase campos que a formación regrada non permite”. Salientaron tamén “a necesidade de continuar poñendo en marcha iniciativas coma esta que permitan fomentar e fortalecer a relación entre a universidade e os centros de ensino secundario”. Nesta mesma liña pronunciouse o profesor do IES David Buján, Luis Couceiro, quen subliñou tamén a importancia de que o alumnado de bacharelato teña as ferramentas necesarias para elixir que estudar nun futuro achegándose neste caso á universidade e a todas as súas potencialidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?