Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O corpus da Gallaecia medieval presenta a nova versión da súa base de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O corpus da Gallaecia medieval presenta a nova versión da súa base de datos

S. P.
Publicado: 23/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

codolga_presentacion.jpgO proxecto Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) presentou esta semana, o martes 21 de xuño, unha nova versión da súa base de datos, a número 18. Ao acto asistiron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Xosé Carracedo Fraga, director de CODOLGA, Mariña Bermúdez Beloso, membro do equipo CODOLGA e Mario Barcala, responsable informático do proxecto.
Este proxecto está dirixido polo profesor Xosé Carracedo Fraga do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC, e desenvólvese no marco dun convenio existente entre a USC (Universidade de Santiago) e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Nesta versión son incorporados 229 novos documentos e están xa dispoñibles 18.873 textos documentais relacionados coa Gallaecia dos séculos VI ata o XV, ambos inclusive, o que supón, en palabras dos seus impulsores, “un material extraordinario e imprescindible para calquera estudo sobre a Galicia medieval no ámbito da lingüística, da literatura, da cultura, da socioloxía ou da historia en xeral”.
A infraestrutura informática na que está accesible esta documentación permite realizar buscas de calquera palabra ou conxunto de palabras segundo diversos criterios, “o que fai deste corpus textual unha ferramenta básica para a docencia e a investigación de diversa índole sobre a Galicia medieval: lingüística, literaria, histórica, cultural ou sociolóxica”, engadiron.
Na presentación tamén se fixo saber que na nova versión están incluídos 18.873 textos documentais. Foron aplicados ademais algúns dos axustes e melloras na información facilitada e na aplicación informática, dos que se tivo oportunidade de tratar no coloquio internacional Os corpora documentalia Latina da Península Ibérica no 25 aniversario de CODOLGA, celebrado no CRPIH os días 18 e 19 de novembro pasado e que contou coa participación dos membros dos distintos equipos de España e Portugal que están traballando sobre documentación latina medieval. Nesa xuntanza houbo tamén ocasión de debater sobre avances realizados e sobre obxectivos e perspectivas de futuro dentro do proxecto colaborativo común que xa deu lugar á rede Corpus Documentale Latinum Hispaniarum (CODOLHISP) e ao correspondente recurso informático que permite buscas conxuntas nos respectivos corpora documentalia.
Na cita desta semana púxose o foco noutra importante novidade: a incorporación á páxina web do proxecto CODOLGA dun apartado titulado Fontes e estudos, dedicado a recompilar outros textos latinos medievais importantes pola súa relación coa Gallaecia medieval ou algúns estudos singulares do ámbito do proxecto. Neste novo número ese apartado vai enriquecido con dous breves, pero interesantes relatos históricos de Diego de Muros II (ca. 1450-1525) sobre as campañas militares dos exércitos dos Reis Católicos en Málaga no ano 1487 e en Granada no ano 1488.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?