Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A oferta de titulacións da UVigo recibirá no novo curso unha relevante incorporación: o Grao en Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A oferta de titulacións da UVigo recibirá no novo curso unha relevante incorporación: o Grao en Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 23/06/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_campus_de_ourense_reigosa_baltar_intelixencia_artificial_esei_grupo.jpgA oferta de titulacións da Universidade de Vigo para o curso 2022/2023 vai medrar con dúas importantes novidades: Relacións Internacionais e Intelixencia Artificial, as dúas localizadas no Campus de Ourense. Igualmente, póñense en marcha na UVigo catro novos mestrados, en Enxeñería Biomédica; en Exercicio Terapéutico e Funcional en Fisioterapia; en Intelixencia Artificial e en Desafíos das Cidades. En total, a UVigo ofertará nos seus campus de Ourense, Pontevedra e Vigo ata 59 titulacións de grao e 65 de mestrado e un total de 5.383 prazas de novo acceso (3.626 de grao e 1.757 de mestrado).
Dado “o protagonismo do Campus de Ourense nesta ampliación”, a oferta de prazas da institución académica para o curso 2022/2023 foi presentada este martes 21 de xuño na cidade das Burgas, tendo como anfitrioa á Deputación de Ourense. No acto, o reitor Manuel Reigosa amosou a súa satisfacción pola posta en marcha das novas titulacións de grao nun campus que, indicou, “está a medrar dentro do Sistema Universitario Galego en gran parte polo pulo que están tendo moitas das novas titulacións que conseguimos que cheguen”.
Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantando e Empregabilidade da UVigo, foi a encargada de explicar a oferta da institución académica para o vindeiro curso facendo especial fincapé nas novidades para o Campus de Ourense, do que subliñou que “cubre de sobra as prazas ofertadas” cada ano. As novidades, apuntou, son a posta en marcha en setembro do Grao en Intelixencia Artificial, que se impartirá na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense, onde se ofertarán 50 prazas. “Trátase”, dixo, “dunha titulación interuniversitaria no Sistema Universitario de Galicia, de catro cursos (240 ECTS), na que as materias dos dous primeiros cursos son comúns ás tres universidades (A Coruña, Santiago e Vigo) e en terceiro e cuarto na Universidade de Vigo impartirase a orientación en Sistemas de Información Intelixentes”. O título de graduado/a en Intelixencia Artificial quere proporcionar “a formación ampla, profunda e multidisciplinar que precisan os e as profesionais deste ámbito e que resulta imprescindible para construír con éxito os servizos e aplicacións intelixentes que están a ter un impacto tan relevante na sociedade actual a todos os niveis”, tal e como recolle a memoria deste título.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?