Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso esLibre celebrado en Vigo incluíu 30 relatorios, 18 obradoiros e catro salas de reunións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Congreso esLibre celebrado en Vigo incluíu 30 relatorios, 18 obradoiros e catro salas de reunións

S. P.
Publicado: 27/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

eslibre_congreso.jpgA cidade de Vigo puxo o punto e final a dúas xornadas do Congreso esLibre, un dos eventos tecnolóxicos e sobre cultura libre de maior relevancia estatal e internacional. Por Galicia, colaboraron na organización (a xeito de entidades anfitrioas) o Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon) e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL). Estas organizacións escolleron dous espazos culturais destacados da cidade galega, o Museo Marco e o espazo de eventos Muta, como puntos de acollida das numerosas propostas e solucións relevantes para a cidadanía, a administración e as empresas. Houbo 30 relatorios, 18 obradoiros, catro salas de reunións e seis espazos de misceláneas.
As temáticas abordadas nas dúas xornadas puxeron o foco na actualidade a través da proposición de solucións mediante software e cultura libres para o aforro na factura enerxética, a loita contra as pandemias, a xestión cultural, o combate contra software malicioso, a seguridade e a protección de datos, así como na sustentabilidade organizacional baseada no Open Source.
Foi unha edición especial xa que esLibre celebrouse en Galicia por vez primeira ao tempo que volveu á presencialidade tras a pandemia por COVID19.
Segundo informaron GALPon e AGASOL esta cita deixou un ronsel de expertos e coñecementos colaborativos ás súas costas, grazas ás múltiples temáticas abordadas así como ao carácter formativo e divulgativo de cada unha das actividades. Entre as perspectivas tratadas destacou a optimización do aforro enerxético do proxecto FreeDs, que une un hardware e software libres para xestionar os excedentes enerxéticos nun determinado momento e derivalos para outros usos aportando unha nova perspectiva ante un paradigma de suba de prezos.
Tamén a utilización do free software atopou en esLibre múltiples aplicacións co fin de divulgar e promover un coñecemento público no marco da cultura sen cancelas. Nesta liña, a utilidade da tecnoloxía abordou, por exemplo, as aplicacións de rastrexo COVID implantadas por numerosos países en todo o mundo, entre eles España. En España a aplicación oficial foi desenvolvida e lanzada con software libre e facilitando a interoperatividade con outros sistemas. O experto e conferenciante Alexander Sander, da Fundación Europea de Software Libre, explicou que “para permitir o seguimento transfronteirizo e poder abrir de novo as fronteiras, estas aplicacións debían ser interoperables. Grazas á nosa presión, conseguimos que a UE e mesmo a OMS se pronunciasen positivamente sobre o software libre e dixesen que axuda a protexer os dereitos fundamentais”, sinalou.
Esta edición de esLibre incluíu debates e conferencias sobre a situación actual do movemento do software libre en Galicia e outras comunidades como Asturias, ademais de amosar e aportar ferramentas de uso libre tanto para sectores tecnolóxicos específicos como orientadas ao usuario medio, divulgando así a protección de datos e a seguridade que outorgan este tipo de ferramentas.
agasol_congrb29d-96713-2.jpg As actividades do congreso tamén se centraron en promover o coñecemento aberto para combater o software malicioso na utilización de sistemas como Linux ou como a plataforma Arduino, que, segundo se puxo de manifesto, “incentiva o interese e a práctica en programación por parte do alumnado de Secundaria e Bacharelato”.
Outra das conferencias máis esperadas foi a que protagonizou Pietro Marini, da compañía Nextcloud, unha plataforma de código aberto que permite ás súas persoas usuarias ter o control sobre os seus propios datos, subidos á súa propia nube particular. Este sistema estase utilizando en produción en centenares de miles de organizacións en todo o mundo, algunhas delas con bases de usuarios masivas.
Seguindo a liña divulgativa do congreso, celebráronse mancheas de obradoiros e actividades formativas dirixidas a un público xeral para introducilo no mundo das ferramentas do software libre e do coñecemento da cultura libre. Desde a creación dun videoxogo ou avatar 3D ata mesas redondas sobre os perigos da economía da vixilancia actual, foron algunhas das accións que clausuraron o congreso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?