Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago lanza unha campaña de vídeo-consellos nas redes para promover o comercio local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago lanza unha campaña de vídeo-consellos nas redes para promover o comercio local

S. P.
Publicado: 28/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

videoconsellos_santiago.jpgO alcalde Xosé Sánchez Bugallo e o concelleiro de Políticas Lingüísticas Rubén Prol presentaron este luns 27 de xuño unha nova iniciativa que pretende “achegar ao público a sabedoría e o bo facer do tecido comercial da cidade” a través de 20 pílulas de información audiovisual protagonizadas por comerciantes de Santiago. Trátase do programa Vídeo-consellos: o comercio local sabe de que fala, coa que os departamentos de Comercio e Lingua do Concello de Santiago pretenden dar un pulo ao comercio local.
O proxecto lánzase con vinte audiovisuais xa editados, para os que se abre unha canle específica de Youtube. Amais, poderase acceder a estes contidos dixitais desde as páxinas dos dous departamentos implicados: Comercio e Lingua, así como desde a web galegoempresas, directorio que se creou para divulgar e localizar negocios que ofrecen servizo na nosa lingua.
A estes primeiros vídeos poderanse sumar, a través dun formulario sinxelo, todas/os as/os comerciantes locais que queiran compartir consellos prácticos relacionados co seu ámbito. Os vídeos editados deberán estar en galego e achegar contido informativo de utilidade para o público. Tamén poderán enviar as súas ideas e propostas para novos contidos entre os que o Concello poderá seleccionar novas producións de vídeo-consellos.
Este proxecto pretende ·reforzar a autoestima do propio comercio poñendo o foco na súa calidade, non só do que vende senón de como o vende e do que pode axudar aos clientes·. O obxectivo é “afianzar o vínculo entre a veciñanza e o comercio local, a través dunha lingua común, e empregando o espazo virtual, o máis frecuente para acudir a resolver dúbidas do día a día”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?