Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Almorzos TIC Talk do CITIC puxeron o foco nas tecnoloxías lingüísticas e na IA en antropoloxía forense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Almorzos TIC Talk do CITIC puxeron o foco nas tecnoloxías lingüísticas e na IA en antropoloxía forense

S. P.
Publicado: 30/06/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_almorzos_desayunos-tic-talk-4-scaled.jpgEste martes 28 de xuño celebrouse a cuarta sesión dos Almorzos TIC Talk, ciclo de xuntanzas do CITIC que ten o obxectivo de compartir a investigación realizada no centro da UDC e co engadido extra de facelo “nun ambiente informal”. Os investigadores Elmurod Kuriyozov e Óscar Ibáñez, integrados recentemente no CITIC, explicaron as súas liñas de investigación ao persoal do centro que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira investigadora, introducidos por David Vilares, membro da comisión de formación.
desayunos-tic-talk_elmurod-1536x1152.jpg En primeiro lugar, Elmurod Kuriyozov presentou as liñas do proxecto Creating NLP resources for low-resource Turkic languages, explicando algunhas das aplicacións de Procesamento de Linguaxe Natural (PLN) creadas para a cobertura das linguas turcas, unha familia de máis de 70 idiomas falados por máis de 200 millóns de persoas no mundo, entre os que se atopan o turco, o uzbeco e o azerí. Con todo, a maior parte delas son linguas de baixos recursos, polo que o seu interese se centra principalmente nelas e, en concreto, no uzbeco, a súa lingua materna.
desayunos-tic-talk_oscar-1536x1152.jpgPola súa banda, Óscar Ibáñez realizou unha exposición sobre Intelixencia artificial en antropoloxía forense, facendo unha aproximación sobre os proxectos nos que traballou no ámbito da aprendizaxe automática, a visión artificial e a intelixencia computacional. A súa traxectoria, lembrou, guiouse polo obxectivo de resolver problemas con impacto social, e actualmente traballa na identificación humana baseada na Intelixencia Artificial. Desta forma, explicou algúns casos de uso na identificación de cadáveres en fosas comúns, migrantes e casos complexos, así como na antropoloxía forense aplicada a persoas vivas para a estimación da idade e a identificación facial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?