Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rapazada de Vigo contribúe ao desenvolvemento dun videoxogo sobre protección mariña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rapazada de Vigo contribúe ao desenvolvemento dun videoxogo sobre protección mariña

S. P.
Publicado: 30/06/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_mision_azul_videoxogo_3.jpgO proxecto Misión Azul continúa avanzando nos seus obxectivos de alfabetización científica mariña. Desta volta, poñendo o foco na dixitalización e na gamificación, dous aspectos que espertan gran interese entre as novas xeracións. Segundo informou a UVigo, arredor de 70 rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do Colexio Alborada e de 1º da ESO do IES Valadares de Vigo desfrutaron estes días “en primicia” dos primeiros avances do videoxogo educativo creado ao abeiro do proxecto promovido polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo en colaboración con AtlantTIC e a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e co-financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Ao longo de dúas xornadas, o alumnado destes dous centros puido ver algunha das escenas coas que contará o videoxogo e probar as mecánicas do personaxe principal, Blu, que é, en palabras dos creadores, “un urbanita do seu tempo, sempre á última en tecnoloxías, que vai pasar o verán á casa dos seus avós nun pobo mariñeiro nunha pequena illa atlántica”.
mision_azul_uvigo_videoxogo_2.jpgDurante as probas a rapazada foi facendo as súas contribucións particulares e colectivas cun formulario con diferentes preguntas sobre a ficción, a interface e outros aspectos do xogo de Misión Azul e propuxeron algunhas valoracións, opinións e achegas que se poderán incorporar ao proxecto.
Segundo salienta Antonio Pena, investigador de AtlantTIC e membro do equipo que presentou o xogo nas aulas, este é unha aventura gráfica de exploración e combate, onde o xogador ou xogadora deberá resolver diferentes problemas que van aparecendo ao longo do xogo para axudar a Blu a frear a paulatina degradación da illa na que se atopa. Para iso contará coa axuda da Doutora Mar e dos consellos do seu avó, un pescador xa retirado. “Trátase dunha aventura na que o usuario ou usuaria irá coñecendo a diferentes personaxes aos que convencer a través dos coñecementos sobre cambio climático e o perigo dos océanos que se van adquirindo ao longo do xogo”, explicou, engadindo que a experiencia “resultou moi positiva para todo o alumnado”. De feito, rapaces e rapazas destacaron a trama do xogo e que “se trate dunha ferramenta interactiva, entretida, intuitiva e con gran presenza da parte ilustrativa para continuar a historia”.
uvigo_mision_azul_videoxogo.jpg O equipo do proxecto Misión Azul volverá ás mesmas aulas cando o videoxogo estea rematado para que poidan xogalo de forma máis ampla e dar a súa opinión sobre o resultado. Por outra banda, a finais de setembro visitarán varios centros educativos de Vigo, Tui, Pontevedra e Vilaboa para que proben o xogo e poder recoller máis impresións e achegas.
Misión Azul é un proxecto innovador que fusiona catro disciplinas como as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), as ciencias mariñas, a comunicación e a didáctica para “crear un videoxogo para achegar a ciencia e a tecnoloxía dun xeito ameno, directo e divertido a rapaces e rapazas e facelo extensivo ao resto da sociedade”, en palabras de Daniel Rey, director do CIM-UVigo e investigador principal do proxecto, que engade que esta iniciativa nace tamén “co obxectivo de promover vocacións STEM espertando na nosa mocidade a curiosidade e a preocupación por explorar, descubrir, explicar, contrastar e resolver”.
O videoxogo complementase con dúas unidades didácticas e outra serie de ferramentas didácticas “enfocadas a todas aquelas persoas que acompañan a rapaces e rapazas durante a súa educación e que lles permitirá seguir afondando en contidos sobre os sete principios básicos da alfabetización oceánica, os efectos do cambio climático sobre o océano ou sobre o papel da investigación na súa prevención, mitigación e xestión”.
Para esta adaptación didáctica dos contidos científicos, a profesora da facultade de CCSS e da Comunicación Beatriz Legerén traballa man a man con persoal docente e investigador do CIM-UVigo e con Alberto García, docente experto na introdución de proxectos de investigación no sistema educativo e representante na Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECE), que aglutina a 600 cooperativas de ensinanza e centros educativos a nivel nacional.
A actividade investigadora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu co-financiamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?