Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Biostatech, bFlow e Innogando, distinguidas nos premios Mellor Iniciativa Empresarial USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Biostatech, bFlow e Innogando, distinguidas nos premios Mellor Iniciativa Empresarial USC

S. P.
Publicado: 01/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_premios_ideas_empresariais_14.jpgAs empresas Biostatech, bFlow e Innogando foron recoñecidas esta semana nos premios Mellor Iniciativa Empresarial USC. A entrega de galardóns formalizouse nun acto presidido polo reitor Antonio López e celebrado no Colexio de Fonseca. A primeira edición destes recoñecementos diríxese a empresas de base tecnolóxica (EBT) da USC participadas pola institución, así como a proxectos empresariais e empresas start-up creadas nos últimos 24 meses que recibiran axuda dalgún dos programas de apoio á creación de empresas da USC.
No seu ditame, o xurado tivo en conta a viabilidade económica e financeira do proxecto, o grao de innovación do produto, proceso ou servizo, a capacidade de xeración de emprego da iniciativa, o carácter multidisciplinar do equipo promotor e as políticas de igualdade na actividade da empresa. Ademais, no caso das iniciativas empresariais de base tecnolóxica valorouse o grao de consolidación da empresa, a introdución de produtos ou servizos innovadores e o impacto da empresa na USC.
Na categoría de mellor EBT consolidada, resultou vencedora Biostatech. Trátase dunha empresa de consultaría en bioestatística e estatística aplicada creada por especialistas e persoal investigador con ampla e contrastada experiencia na aplicación de métodos estatísticos en Ciencias da Vida e a Saúde. Acordouse tamén facer unha mención especial a iBone Lab “polo seu rápido crecemento e a conta de resultados positiva dende as primeiras fases da súa traxectoria”.
Bflow, premio á mellor EPB de recente creación, ofrece solucións de microfluídica grazas ao deseño personalizado e fabricación por tecnoloxía láser dun chip con microcanles sobre as que se pode realizar cultivo celular e ás que se lles aplica unha simulación de fluxo. En investigación preclínica, esta tecnoloxía permite probar as moléculas e fármacos nunhas condicións moi similares ás dun ser vivo, polo que, empregada antes de pasar o test en animais, permite identificar os mellores candidatos a superar ese test, reducindo e racionalizando así tempo de investigación, custos experimentais e número de animais de experimentación.
Finalmente, na categoría de mellor startup, resultou premiada Innogando, nova firma xurdida do programa Explorer USC-Lugo grazas a RUMI, un sistema de localización GPS para gando vacún que monitoriza en tempo real o estado do animal e achega información sobre o seu comportamento. Os promotores desta aplicación ampliaron as súas prestacións coa incorporación de análises doutros parámetros que achegan aos gandeiros datos relacionados coa preñez, período de xestación e datas de parto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?