Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus do Saber de Noia inclúe obradoiros sobre neurociencia, ciberseguridade e envellecemento activo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus do Saber de Noia inclúe obradoiros sobre neurociencia, ciberseguridade e envellecemento activo

S. P.
Publicado: 07/07/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

neurociencia_campus-noia-2022.jpgEstes días, entre este xoves 7 de xullo e o sábado 9, celébrase en Noia a actividade formativa Neurociencia, educación e desenvolvemento, abeirada ao Campus do Emprendemento e do Saber de Noia (unha iniciativa de ensino para persoas maiores impulada por FUNDEHSGA e o Concello). Os obxectivos desta proposta en concreto son dar a coñecer as funcións básicas do cerebro, así como os programas máis eficaces para a estimulación e a rehabilitación da atención, da aprendizaxe e da memoria. Tamén se busca mostrar ante as persoas asistentes a implicación da neurociencia nas intelixencias e os problemas para o seu desenvolvemento. O curso será impartido polos profesores e investiadores Cecilia Otero Dadín, Carlos Valiente Barroso e Lourdes Martínez Pérez.
O programa de cursos do Campus de Noia complétase cunha manchea de actividades que engadir á axenda. Así, amais do obradoiro sobre deporte e saúde mental que se celebrou a finais de xuño, da man do profesor da Uvigo Joaquín Dosil, o programa inclúe un curso sobre saúde dixital e ciberseguridade (destinado a garantir as navegacións seguras das persoas maiores e coa finalidade de evitarlles riscos e ameazas e asegurarlles un uso produtivo, rendible e produtivo das novas tecnoloxías) impartido por Guillermo Cánovas, director de EducaLike, do que se se confirmará en datas vindeiras os días concretos nos que se vai desenvolver; un curso sobre os 40 anos de autonomía galega, impartido os días 22 e 23 de xullo por Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da USC; o obradoiro Noia, a Horta da Ría, impartido os días 11, 12 e 13 de agosto por Adelo Freire, secretario da Confraría de Pescadores de San Bartolomé; un curso sobre Envellecemento activo, achegado os días 18, 19 e 20 de agosto por Fernando Lino Vázquez (catedrático da USC); un curso sobre Criminalística forense e metodoloxías do CSI impartido os días 29, 30 e 31 de agosto por Luis Alamancos Pampín, director do Gabinete Pericial INPEVAL; e un obradoiro sobre O legado xacobeo na ría da Estrela: o Portus Apostoli e o Camiño de Santiago, dirixido por Concha Allut (técnica de Cultura do Concello de Noia). Este último curso impartirase os días 1 e 2 de setembro.
Lugares de celebración
Casa da Cultura de Noia
Casino de Noia
Coliseo Noela
Aula de formación da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia
O programa
Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro Noia acolle unha gran variedade de cursos e xornadas, que “van desde o tratamento de tópicos de sempre, pero que seguen preocupando á sociedade, como outros máis novos que van marcar a nosa vida durante os vindeiros anos”, explican dende a organización (Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia e Concello de Noia), engadindo que se trata “dunha excelente oportunidade para poder combinar un tempo de lecer nun dos currunchos máis fermosos de Galicia, co desexo de saber e de seguir mellorando no ámbito en que cada un desenvolva a súa actividade”.
Os cursos, de temática variada, abranguen desde o deporte e a saúde mental ata o Camiño de Santiago, pasando polo envellecemento activo ou a criminalística forense. Os oito cursos, impartidos por expertos en cada área, terán lugar entre os meses de xuño e setembro.
A Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDEHSGA) e o Concello de Noia organizan este evento en colaboración coas tres universidades galegas e a Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?