Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia contará cun dos primeiros computadores cuánticos do sur de Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia contará cun dos primeiros computadores cuánticos do sur de Europa

Redacción
Publicado: 07/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20220707_rueda_03.jpgO presidente Alfonso Rueda anunciou hoxe tras a reunión do Consello da Xunta que Galicia “albergará un dos primeiros computadores cuánticos que haberá no sur de Europa” que se instalará no CESGA e no que se investirán 13,9 millóns de euros. O obxectivo, resaltou, “é afianzar a Galicia coma un referente en tecnoloxía cuántica” cun equipamento que busca ser “un referente nacional e internacional”.
Rueda subliñou que este innovador computador estará aberto “a comunidade investigadora” como as universidades e centros tecnolóxicos e tamén estará dispoñible para sectores empresariais estratéxicos “que cada vez teñen máis necesidade” deste tipo de tecnoloxía. A través da adquisición deste novo computador cuántico, explicou, Galicia segue avanzando no seu Polo de Tecnoloxías Cuánticas, xa que se prevé licitar este contrato este mesmo mes de xullo co obxectivo de formalizalo no outono.
20220707_rueda_02.jpgA adquisición ten como elemento central un computador cuántico flexible e integrado con outros elementos de computación para facer desta nova infraestrutura un referente nacional e internacional, aberto á comunidade investigadora (universidades, centros de investigación e centros tecnolóxicos) e aos sectores empresariais estratéxicos. Constará de catro elementos: un computador cuántico, un computador de altas prestacións para o desenvolvemento de software, un emulador de algoritmos cuánticos e un sistema de almacenamento onde aloxar os resultados dos novos algoritmos para a súa análise e validación. O obxectivo é que permita crear algoritmos cuánticos aplicables a necesidades tanto públicas como empresariais.
Tendo en conta que as tecnoloxías cuánticas actuarán como elemento tecnolóxico disruptivo para acelerar o desenvolvemento económico en todos os sectores, o obxectivo desta infraestrutura, en concreto, e do Polo das Tecnoloxías Cuánticas, en xeral, é posicionar Galicia e mantela nos postos de cabeza neste ámbito. Permitirá facilitar a transición dixital e mellorar a competitividade empresarial grazas ao seu uso, así como atraer talento investigador. De feito, prevese que a computación cuántica supoña un salto tecnolóxico comparable ao que houbo coa chegada da informática.
O Polo conta cunha estimación de investimentos de máis de 150 millóns de euros e xirará arredor da excelencia científica e técnica, o emprego cualificado, a innovación e transferencia tecnolóxica e a aceptación social ética e sustentable. Ademais, busca a participación de todos os axentes do ecosistema innovador e a coordinación de accións e, nese sentido aspira a captar fondos europeos Next Generation.
Na actualidade xa se están executando accións que supoñen máis de 30 millóns de euros pois, xunto con esta licitación que forma parte do convenio co CESGA (15 millóns de euros), tamén se suman iniciativas como os convenios coas tres universidades (9,6 millóns de euros).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?