Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A intelixencia artificial e o big data centrarán o primeiro mestrado de FP dual de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A intelixencia artificial e o big data centrarán o primeiro mestrado de FP dual de Galicia

Redacción
Publicado: 07/07/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

roman_rodriguez_fxeok9rwaait9af.jpgA Xunta de Galicia en colaboración coa empresa NTT Data Spain SLU vai poñer en marcha a primeira especialización de FP Dual de Galicia e das primeiras de España en Intelixencia Artificial e Big Data, que se impartirá o próximo curso 2022-23 no instituto IES Fernando Wirtz Suárez, na Coruña.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e mais Sergi Biosca, CEO da compañía en España, asinaron o acordo de colaboración para a implantación deste máster dual, nun acto no que estiveron acompañados de Alberto Borrego, responsable de NTT Data en Galicia, e do director xeral de Formación Profesional, José Luis Mira.
roman_rodriguez_fxeok9ewaaavz7h.jpgRomán Rodríguez salientou que a posta en marcha deste curso dual é “un paso adiante na oferta de FP” e responde á folla de ruta do Goberno galego de apostar por disciplinas “de alta especialización, alto valor engadido e alta empregabilidade” que son clave para o presente e o futuro da sociedade “e cada vez máis solicitadas non só polas empresas tecnolóxicas, senón polas firmas de todos os sectores”.
O conselleiro aproveitou a súa intervención para agradecer a implicación da empresa NTT Data neste proxecto, “unha compañía referente no eido das novas tecnoloxías que ten unha dimensión global con presenza en máis de 50 países e con sedes na Coruña e en Santiago”. “Grazas a empresas coma esta -engadiu- hoxe en Galicia temos unha FP dual plenamente consolidada e afincada no noso tecido produtivo”.
Pola súa banda, Sergi Biosca, CEO de NTT DATA España salientou que “a empresa está comprometida co desenvolvemento de emprego de calidade que contribúa a crear oportunidades para que todas aquelas persoas que queiran medrar profesionalmente poidan traballar aportando valor á sociedade nun marco de flexibilidade e benestar persoal. Ser pioneiros neste tipo de formación co Xunta é un paso máis para conseguilo”.

Contidos
  • 800 empresas colaboradoras
  • Competencias en programación e sistemas intelixentes

800 empresas colaboradoras

A día de hoxe a Consellería conta coa colaboración de 800 empresas para desenvolver a modalidade de formación dual cun itinerario formativo completo que comeza na FP de grao básico e remata nos mestrados de FP, estes últimos centrados en áreas de futuro como son a intelixencia artificial, o big data, a ciberseguridade, os drons ou a fabricación aditiva entre outros.
Os centros educativos galegos ofertarán o próximo curso un total de 35 mestrados de FP, que suman 700 prazas (160 prazas e nove curso de especialización máis que este curso). No caso concreto da modalidade dual -con taxas de inserción laboral que superan o 96%- tamén se ve significativamente reforzada con 120 novos proxectos e un total de 1.896 prazas, unhas 460 máis.

Competencias en programación e sistemas intelixentes

O mestrado de FP Dual en Intelixencia artificial e big data disporá de 20 prazas e conta con 600 horas lectivas de formación curricular, 400 delas (o 67%) que se desenvolverán no centro educativo e as 200 restantes (o 33%) na empresa.
Durante a súa realización os alumnos capacitaranse en competencias como a programación e a aplicación de sistemas intelixentes que optimizan a xestión da información e a explotación de datos masivos, sempre respectando o acceso seguro así como os principios éticos e legais establecidos.
No período de formación na empresa os alumnos están dados de alta na Seguridade Social, cotizando e percibindo unha compensación económica pola actividade que realizan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?