Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O PLADIGA 2022 incorpora importantes melloras tecnolóxicas no dispositivo anti-incendios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O PLADIGA 2022 incorpora importantes melloras tecnolóxicas no dispositivo anti-incendios

S. P.
Publicado: 08/07/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

medio_rural_dron_1.jpgReducir ao máximo posible as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais. Este é un dos grandes obxectivos do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA) para este ano 2022. Ao abeiro deste obxectivo, o documento incorpora catro ámbitos diferentes de planificación: prevención; detección, disuasión, investigación e medidas correctoras; extinción e formación.
O PLADIGA 2022 é un plan en continuo crecemento e proceso de mellora. Froito desta renovación e desta actualización, achéganse este ano unha serie de novidades relevantes, entre as que se inclúen melloras organizativas do dispositivo, a ampliación da rede de vixilancia fixa, avances tecnolóxicos e novas funcionalidades na loita contra o lume, o impulso á Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) ou a actualización das parroquias de alta actividade incendiaria.
En relación co primeiro aspecto, vinculado coa mellora da organización, deuse forma ao Sistema Estrutural de Mando Operativo, coa finalidade de mellorar a seguridade e a eficacia das operacións en incendios de complexidade avanzada. Este sistema busca liberar de tarefas secundarias ao director técnico de extinción de cada lume, reforzando o seu papel na coordinación do dispositivo.
Seis cámaras máis de vixilancia
Outra novidade ten que ver coa vixilancia fixa. Así, dentro desta rede increméntanse en seis as cámaras das que se dispón, en tres novas localizacións, co que se acada a cifra de 148 unidades en 74 localizacións. Estas cámaras contan cunha tecnoloxía de última xeración, especialmente deseñada para exteriores e vixilancia forestal, con zoom remoto, movemento horizontal e vertical, rotación nos 360º automática e baixo demanda, visión panorámica e altas capacidades de gravación.
No eido tecnolóxico, introdúcense novas funcionalidades canto á reconstrución do lume, aproveitando as máis de 4.000 emisoras coas que conta o servizo. Ademais, pódense xerar perímetros automáticos relativos á superficie afectada, o que permitirá predicir o potencial do lume e tomar decisións á hora de focalizar os medios nos puntos e momentos clave.
Aplicación formativa
medio_rural_base_2.jpg Neste eido salienta a creación dunha nova aplicación de formación, que prové un repositorio multimedia unificado cos cursos impartidos ao persoal do dispositivo de incendios, material didáctico de consulta asociado, circulares e comunicacións de interese. Ofrece acceso por categorías e perfís, co fin de garantir unha accesibilidade personalizada en función das necesidades de cada posto de traballo. Outra mellora introducida no PLADIGA 2022 ten que ver coa modernización dos centros de coordinación, tanto do central, situado en Santiago, como do provincial de Ourense.
Parroquias de alta actividade incendiaria
En relación coas parroquias de alta actividade incendiaria, o plan identifica un total de 35, cifra idéntica á do ano pasado, pero co matiz de que 31 delas repiten respecto á anterior campaña. Así, catro destas parroquias saen da listaxe. Trátase das de Ribasieira, (Porto do Son), Covas (San Cristovo de Cea), Soutipedre (Manzaneda) e A Ponte (A Veiga). Outras catro parroquias entran na listaxe. Son as de Meiraos (Folgoso do Courel), A Gudiña (A Gudiña), O Pereiro (A Mezquita) e Calvos (Calvos de Randín).
En canto aos medios humanos e materiais mobilizados, estes mantéñense, en liñas xerais, en valores semellantes aos das últimas campañas. Así, o operativo estará integrado por máis de 7.000 persoas. Cabe destacar, en relación co parque de maquinaria, a renovación de 13 motobombas do servizo, que integrarán unha despregadura conxunta de preto de 380 destes vehículos. Ademais, mobilizaranse ata 30 medios aéreos, achegados tanto pola Xunta como polo Estado.
Lembrar a maiores que a Xunta investirá entre este ano e o vindeiro case 19 millóns de euros en vehículos e diverso material para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Galicia. Trátase tanto de motobombas e todo terreos como de equipos de protección individual, motoserras, rozadoiras e outros equipos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.
No apartado da formación, a novidade reside na programación dunha serie de encontros en parroquias de alta actividade incendiaria. Iniciados durante o mes de xuño, teñen como fin concienciar e sensibilizar a poboación destas parroquias sobre os danos que ocasionan os incendios e os riscos que representan para as persoas e para os bens, e como deben actuar ante un lume.
Con respecto ao Plan preventivo, a Xunta destina este ano un total de 33,1 millóns de euros a esta planificación, o que supón incrementar a súa dotación preto dun 13% respecto do exercicio anterior.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?