Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Mobile Week Ourense 2022 celebrarase entre o 15 e o 18 de setembro e reforzará a súa vertente anti-fenda dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Mobile Week Ourense 2022 celebrarase entre o 15 e o 18 de setembro e reforzará a súa vertente anti-fenda dixital

S. P.
Publicado: 11/07/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

baltar_manuel_mobile_week_ourense.jpg.jpgA Mobile Week Ourense 2022 celebrarase en diferentes puntos da provincia entre os días 15 e 18 de setembro. Así o confirmaron a Deputación de Ourense (a través do seu presidente Manuel Baltar) e a Mobile World Capital Barcelona, entidades impulsoras do evento tecnolóxico, que regresa na recta final do verán cun obxectivo renovado de “xerar interese pola tecnoloxía en todos os sectores poboacionais, con especial atención na contorna rural, a poboación maior e as mulleres”.
A segunda edición da Mobile Week Ourense, a única iniciativa realizada baixo o paraugas de Mobile World Capital Barcelona de ámbito provincial, terá como grandes retos a loita contra o despoboamento rural a través da dixitalización, o achegamento da administración ao cidadán e avanzar na adaptación da poboación á nova realidade tecnolóxica.
Haberá sesións, obradoiros e charlas en formato híbrido baixo tres grandes áreas temáticas: Dereitos dixitais, Construír o futuro e As habilidades profesionais dixitais.
O público obxectivo da Mobile Week Ourense será todo o espectro poboacional, aínda que as temáticas organizaranse para colectivos específicos como son os maiores de 65 anos, os adultos entre 30 e 65, adolescentes e nenos.
A programación incluirá asuntos de actualidade tecnolóxica como o impacto do Metaverso en todos os aspectos da nosa vida, as posibilidades ao redor da Intelixencia Artificial e como está a cambiar desde xa a nosa sociedade; o impacto da tecnoloxía nos adolescentes e como entender e combater elementos como as fake news, o ciberacoso ou o sexting; a importancia da privacidade e a protección de datos na sociedade da terceira década do século XXI; ou a importancia das competencias dixitais en todas as idades.
Nesta liña, a director da área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación e coordinador da Mobile Week Ourense, Fernando Suárez, sinala que “vivimos a maior época de cambio da historia da humanidade e facémolo da man da maior acumulación de tecnoloxía que ningunha outra xeración tivo ata agora. Por iso temos que canalizala ao servizo das persoas e que nos axude a resolver problemas que non tiveron solución ata agora”.
Cristina Colom, responsable de Mobile Week en Mobile World Capital, destaca que “o obxectivo principal do evento é achegar a tecnoloxía aos cidadáns, póndolles no centro da transformación dixital. Este cambio de paradigma ofrece moitas oportunidades e, ao mesmo tempo, retos aos que debemos facer fronte como sociedade. Por iso, hoxe máis que nunca, é importante impulsar o humanismo tecnolóxico para empoderar ao cidadán e combater as fendas dixitais”.
“A transformación dixital non é opcional -explica Fernando Suárez-, debe chegar ao tecido empresarial, ás administracións públicas e a todos os cidadáns, para evitar sectores atrasados e fendas dixitais. Porque esta brecha será maior a medida que a dixitalización da sociedade sexa máis profunda, e por iso é necesario desenvolver plans de competencias dixitais dirixidos particularmente a aqueles con máis risco de exclusión dixital, como as persoas adultas maiores, os mozos sen estudos nin formación ou as mulleres e nenas para garantir igualdade de oportunidades”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?