Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unhas xornadas da USC poñen o foco nos importantes beneficios da robotización no agro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unhas xornadas da USC poñen o foco nos importantes beneficios da robotización no agro

S. P.
Publicado: 11/07/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

usc_agro_xornadas.jpgEstes días estase a falar en Lugo, no Campus Terra, da frutífera confluencia entre tecnoloxías intelixentes de automatizacióin e sector primario. Estamos a falar das Xornadas sobre Robótica Agrícola e Gandeira que organiza a USC en colaboración coa Deputación de Lugo, de cuxa inauguración falamos este luns en Código Cero. Polo ciclo pasaron xa o responsable de mercadotecnia de Lely Ibérica, Alberto Sánchez, e o presidente de Kubota España, Germán Martínez, quen destacaron as vantaxes derivadas da automatización diante de máis de 70 participantes nunhas xornadas que proseguen este martes na EPSE con relatorios dos investigadores Ángela Ribeiro e Dionisio Andújar, do Centro de Automática e Robótica do CSIC.
Segundo fixeron saber Sánchez e Martínez, a transferencia de coñecemento e a progresiva implantación de solucións innovadoras orientadas á automatización de tarefas cotiás a través da robotización aumentan as producións nos sectores agrogandeiro e forestal, ao tempo que mellora o rendemento económico das explotacións, ao tempo que tamén redunda en maiores cotas de benestar das persoas e mesmo na calidade do traballo.
xornadas_robots_agro_usc_campus_lugo.jpgAs xornadas, coordinadas polo profesor Javier Bueno e que continuarán este martes con dous novos relatorios a cargo dos investigadores do Grupo de Percepción Artificial (GPA) no Centro de Automática e Robótica do CSIC Ángela Ribeiro e Dionisio Andújar, serviron asemade para inaugurar o Programa de Formación Aberta da EPS de Enxeñaría, unha iniciativa a través da que o equipo de dirección do centro universitario lugués pretende achegar aos membros da comunidade universitaria como ao público en xeral “formación complementaria específica que redunde tanto na mellora do seu grao de benestar como no progreso dun sector primario que tanta importancia ten na provincia de Lugo”, dixo a directora da EPSE, Rosa Romero.
A delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, remarcou na súa intervención neste foro, promovido en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, a Confederación de Empresarios de Lugo e a Fundación Agroalimentaria de Galicia, os novos folgos que reporta o Grao en Robótica para a oferta académica que imparte a USC na EPS de Enxeñaría, ao tempo que indicou que “o elevado grao de robotización que están a experimentar as explotacións agrogandeiras e forestais actúa como un novo acicate para que o futuro profesional no sector primario esperte máis atractivo entre as novas xeracións”.
Volvendo á intervención do responsable de mercadotecnia de Lely Ibérica, Alberto Sánchez, abriu este programa de relatorios cunha exposición sobre a robotización de explotacións de vacún de leite, no marco do que tratou algúns dos aspectos e as múltiples evolucións experimentadas polos robots de muxido desde a súa implantación hai xa tres décadas. Sánchez presentou tamén na súa intervención algunhas das últimas aplicacións desenvolvidas por esta multinacional especializada na prestación de recursos e servizos para explotacións de vacún de leite e que ten a vaca como centro da súa actividade.
O enxeñeiro agrónomo Germán Martínez, que é presidente de Kubota España e vicepresidente de Ventas da División de Tractores Kubota en Europa, deu continuidade á primeira quenda de intervencións deste foro coa charla Exemplos de innovación de kubota para o futuro sostible da agricultura, na que avanzou algunhas das últimas achegas nas que está a traballar esta multinacional con sede en Xapón.
A segunda xornada deste ciclo sobre robótica agroforestal e gandeira céntrase no labor que desenvolve a comunidade científica. Así, os investigadores do Grupo de Percepción Artificial (GPA) no Centro de Automática e Robótica do CSIC Dionisio Andújar e Ángela Ribeiro, ofrecerán este martes cadanseu relatorio baixo o títulos Robots intelixentes en Agricultura. O futuro xa está aquí e Cultivando con datos: cara a agricultura robótica de precisión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?