Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ricardo Cao, distinguido pola SEIO pola súas contribucións en múltiples eidos da estatística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ricardo Cao, distinguido pola SEIO pola súas contribucións en múltiples eidos da estatística

S. P.
Publicado: 12/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_ricardo_cao.jpgA entidade estatal SEIO (Sociedade de Estatística e Investigación Operativa) vén de facer público a concesión dunh das súas medallas anuais ao profesor da Universidade da Coruña e investigador do CITIC Ricardo Cao. Esta distinción recoñece o labor dos socios da SEIO que “contribuísen de forma relevante e continuada ao avance e á proxección da Estatística e a Investigación Operativa, no ámbito nacional e internacional, como disciplinas científicas”.
O xurado do premio concedeulle a Medalla a Ricardo Cao “pola súa contribución sobresaliente en múltiples áreas da estatística como os métodos non paramétricos, os métodos de remostreo, a verosimilitude empírica, a análise de supervivencia, a análise de datos funcionais e a análise estatística de grandes conxuntos de datos e as súas aplicacións á xenómica, neurociencias, epidemioloxía, oncoloxía, etc., cun destacado recoñecemento internacional”.
Ademais recoñecen “o seu liderado na coordinación de grupos de investigación así como do comité de expertos de Acción Matemática contra o Coronavirus do CEMAT, do que foi nomeado presidente, e a súa ampla experiencia na transferencia de coñecemento a outros ámbitos, como as ciencias da saúde ou a enxeñaría naval”.
A SEIO pon en valor o fomento por parte de Ricardo Cao dun amplo equipo de colaboradores internacionais, “sendo integrante moi activo de varias sociedades científicas internacionais”. Foi presidente de ECAS (European Courses in Advanced Statistics) e é membro electo do prestixioso Institute of Mathematical Statistics (IMS), sendo así recoñecida internacionalmente a súa contribución ao desenvolvemento da estatística. Cao ten desenvolvido unha importante actividade na SEIO, foi editor xefe de TEST e actualmente é editor asociado. Amais, foi editor xefe e editor asociado doutras revistas internacionais de recoñecido prestixio.
A SEIO concede dúas medallas, sendo distinguido ademais de Ricardo Cao, Ángel Corberán Salvador. As medallas, xunto cos Premios SEIO-Fundación BBVA entregaranse nunha cerimonia solemne que terá lugar na sede da Fundación BBVA en Madrid, no Palacio do Marqués de Salamanca.
Ricardo Cao Abad é profesor de Estatística e Investigación de Operacións na Facultade de Informática da Universidade da Coruña desde 1991. Coordinador do Grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística, asociado ao Centro de Investigación en TIC (CITIC), a súa docencia céntrase no Máster Interuniversitario de Técnicas Estatísticas, coorganizado polas tres universidades galegas, así como no Máster Universitario de Bioinformática para as Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e no Grao de Ciencia e Enxeñaría de Datos da Universidade da Coruña. Desde marzo de 2020 é o presidente do comité de expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus creado polo Comité Español de Matemáticas (CEMAT).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?