Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: USC e UVigo desenvolven un xogo xacobeo para mellorar a aprendizaxe da fonética inglesa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

USC e UVigo desenvolven un xogo xacobeo para mellorar a aprendizaxe da fonética inglesa

S. P.
Publicado: 13/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_usc_xogo2.jpgPersoal investigador da USC e da UVigo acaban de desenvolver un xogo serio ambientando no Camiño de Santiago que facilita aos seus potenciais participantes mellorar a aprendizaxe da fonética e pronuncia da lingua inglesa. Segundo informaron as dúas entidades académicas, o traballo contou coa colaboración de profesionais de moi distintas áreas, por exemplo a agrupación musical Luar na Lubre que, de xeito altruísta, cedeu cortes da súa obra Vieiras e vieiros: historias de peregrinos como banda sonora. Do mesmo xeito, contouse coa colaboración desinteresada do grupo Resonet.
O proxecto ten o obxectivo engadido de mellorar a comprensión da dita lingua a través dos seus acentos e as súas correspondencias entre conceptos, imaxes, sons, grafías e símbolos fonéticos. Ao mesmo tempo, achega coñecemento sobre o Camiño. Poderá usarse nas aulas en dispositivos móbiles e tamén como material aberto ao público en xeral.
uvigo_usc_fonetica_inglesa_iwoda.jpg Coordinado pola catedrática da USC, Mª de los Ángeles Gómez, e polo profesor da UVigo, Alfonso Lago, este traballo é un dos resultados dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (na modalidade de Proyectos de I+D+i Retos de Investigación 2019), no que tamén participaron o estudante da UVigo Ánxel Fragueiro, así como investigadores da Universidad Internacional de La Rioja (UNIR), a UNED, a Universidad de Málaga e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). O proxecto conta coa colaboración do University College of London (Speech Hearing and Phonetic Siences Dept), e tamén de Arasaac (Centro Aragonés para la Comunicación Aumentativa y Alternativa).
Este xogo serio está constituído por 34 etapas do Camiño Francés, dende Sant Jean Pied du Port ata Santiago de Compostela. Para avanzar polo Camiño é necesario que cada xogador ou xogadora afronte os retos que lle permitan alcanzar as competencias de percepción, produción e transcrición no ámbito da fonética e pronuncia inglesas. Nos retos os usuarios terán a axuda de peregrinas e peregrinos que fixeron o camiño, ben no pasado ou no presente, incluíndo participantes na campaña Las Estrellas del Camino, que accederon a participar e aparecen ao longo do xogo a medida que se percorre o Camiño Francés, ademais dunha avatar ficticia, Patience, que lle servirá de guía dos contidos.
A presentación do xogo tivo lugar na Facultade de Filoloxía da USC coincidindo coa celebración da sexta edición do Taller Internacional da análise do discurso de Santiago de Compostela, IWODA 22, unha cita na que participaron 22 relatores/as e máis de 200 asistentes de institucións educativas de 23 países baixo o lema Tecnoloxías Dixitais e Gaming: Implicacións e Aplicacións para o uso da lingua, a ensinanza e a aprendizaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?