Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo asesorou a preto de 580 empresas da nosa terra nos seus procesos de dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo asesorou a preto de 580 empresas da nosa terra nos seus procesos de dixitalización

S. P.
Publicado: 14/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ineo_xuntanza_oap.jpgIneo, a asociación galega de empresas TIC da nosa terra que preside Luis Sestelo, fixo balance da actividade xerada a través da súa Oficina Acelera PEME (OAP), posta en marcha en colaboración coa entidade estatal Red.es. Segundo fixo saber Ineo, a través deste servizo asesorouse no últimos nove meses a un total de 578 empresas para “fomentar o proceso de dixitalización”. Isto concretouse en labores de apoio, orientación e impulso de transformación dixital ao servizo das empresas galegas. A OAP de Ineo habilitouse o pasado mes de setembro.
A través da oficina, a asociación promoveu nos últimos nove meses diversas xornadas de dinamización tecnolóxica e 32 obradoiros para a sensibilización e demanda de tecnoloxía. Un total de 1.963 persoas inscribíronse ata o momento nestes talleres cuxos obxectivos pasan pola mostra de solucións tecnolóxicas dixitais, casos de éxito de dixitalización, explicación de axudas e subvencións para a implantación de tecnoloxía ou calquera temática para unha empresa que teña interese en levar a cabo un proceso de transformación dixital.
Ineo, amais de despregar unha ampla actividade desde a Oficina Acelera PEME, tamén está a destinar unha especial atención na tracción de Fondos de Recuperación (Next Generation) para o sector TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) en Galicia. Entre os programas enmarcados nestes fondos atópase o Kit Dixital.
Como axente dinamizador de negocio, a asociación conseguiu a través da súa Oficina de Proxectos promover iniciativas e programas por valor de 766.847 euros que repercutiron directamente nas súas empresas socias. “Esta cifra”, imnformou Ineo, “pon de manifesto o importante retorno que recibe o conxunto do noso corpo asociativo”. Ademais, no ámbito laboral, o programa integral de emprego executado por Ineo incluíu un total de 75 accións colectivas de formación e capacitación, superou as 2.400 horas de formación e propiciou máis de 460 sesións individuais de orientación laboral. O 64% dos seus participantes atopou traballo durante o programa, xa que se xeraron 70 ofertas laborais grazas ás sinerxías establecidas entre Ineo e máis de 50 empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?