Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo mellora con IA a accesibilidade e a seguridade do Seminario para persoas xordas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo mellora con IA a accesibilidade e a seguridade do Seminario para persoas xordas

S. P.
Publicado: 14/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

psx_20220714_230903.jpgO edificio administrativo do Seminario, en Lugo, dispón xa dun novo sistema intelixente smart que mellorará a accesibilidade das persoas xordas e con perda auditiva. Trátase dun mecanismo en fase de probas baseado na Intelixencia Artificial mediante o recoñecemento de sons que foi implantado no andar baixo e no segundo andar do inmóbel onde se sitúan os departamentos con servizo de atención ao público.
O proxecto, enmarcado na estratexia DUSI Muramiñae e impulsado dende área de Benestar, supuxo a colocación de dous dispositivos que recollerán as alertas sonoras (alarmas de incendio, saltos de quenda, timbres, etc) e mostraranas con feitura de notificacións visuais e sensoriais a través das luces interiores, así como nos terminais intelixentes das persoas usuarias (smartphones, tabletas, smartwatchs…) mediante a aplicación móbil Visualfy, de descarga gratuíta.
O Concello explicou que “para trasladar estes avisos dunha forma gráfica foron instaladas catro lámpadas de sinalética, distribuídas en corredores e salas de espera, que funcionan como luces de emerxencia nas que se sucederán as indicacións, acompañada cada unha delas dun cartel informativo coas lendas, o código de cores dos avisos e as indicacións para as persoas usuarias sobre como subscribirse”.
A concelleira de Benestar explicou que foi tido en conta garantir a accesibilidade nos baños que, neste sentido, adoitan ser puntos cegos. “Para iso, estes espazos, seis en total, foron dotados dun plafón cunha lámpada Wi-Fi E-27, que pasarán desapercibidas pero, en caso de emerxencia ou necesidade de notificación, iluminaranse da cor determinada ao efecto”, sinalou, engadindo que “ante emerxencias como un incendio as lámpadas de sinalética prenderán en vermello e serán visibles desde calquera parte da construción mesmo sen Internet ou sen electricidade, primando a seguridade en todo momento”.
A edil engadiu que dende o panel de control do sistema o persoal designado como xestor do edificio poderá crear mensaxes personalizadas que comunicará a través das luces, as lámpadas de sinalética e as alertas que recibirán aquelas persoas que dispoñan da app de Visualfy.
“Esta solución de accesibilidade, ao estar baseada en Intelixencia Artificial e Internet das Cousas, permitirá a súa actualización continua, a súa flexibilidade e a súa escalabilidade, non só para aquelas persoas con perda auditiva, senón que incrementará a seguridade e saúde de todos os traballadores e traballadoras, creando unha contorna laboral libre de ruídos innecesarios”, subliñou Olga López.
O proxecto enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% pola Unión Europea a través do FEDER, que ten entre os seus obxectivos mellorar o uso e a calidade das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e o acceso ás mesmas. Dentro deste obxectivo, o Goberno de Lara Méndez está a traballar na eficiencia da Administración Electrónica e no desenvolvemento da cidade como Smart City.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?