Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia ten en execución 30 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia ten en execución 30 millóns de euros

Redacción
Publicado: 15/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20220715_polo_tec_cuanticas_03.jpgO vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, presentou hoxe o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, que xa ten en execución 30 millóns de euros e aspira a multiplicar por cinco este investimento, ata os 150 millóns de euros, se obtén fondos europeos.
Conde apuntou que o primeiro paso que a Xunta xa deu no marco desta iniciativa foi o de adquirir, cun investimento de 13,9 millóns de euros, un computador cuántico para o CESGA que vai ser un dos máis potentes do sur de Europa. Este fito, dixo, marcará un punto de inflexión para a transición dixital en Galicia e posiciona o CESGA como locomotora e socio tecnolóxico fundamental do ecosistema galego de I+D+i neste ámbito.
Neste contexto, os seguintes pasos a dar van ser crear un grupo de investigación en computación cuántica; catro laboratorios experimentais; despregar a primeira liña de comunicación cuántica entre Santiago e Vigo; e levar esta tecnoloxía ao sector aeronáutico galego a través do Polo Aeroespacial de Galicia, para afondar en sistemas de comunicación seguros para vehículos aéreos non tripulados ou para a xestión do tráfico aéreo.
20220715_polo_tec_cuanticas_01.jpgConde explicou que o Polo de Tecnoloxías Cuánticas nace en clave de colaboración porque o deseño de toda esta estratexia fíxose previa consulta a máis dunha trintena de axentes do sistema galego de I+D+i; partindo do propio CESGA, as tres universidades, os centros tecnolóxicos máis o CSIC, o Clúster TIC, empresas e colexios profesionais, e contou, tamén, coas achegas do Centro de Supercomputación de Barcelona que hoxe en día é un referente en toda Europa.
O obxectivo, dixo, é que Galicia sexa un referente europeo e internacional en computación e comunicación cuántica de cara ao 2030, tanto a nivel académico e de investigación, como empresarial e comercial. Para iso, o Polo de Tecnoloxías Cuánticas vaise apoiar en catro piares: a Universidade, que ha de atraer o talento e formar aos profesionais do futuro; os centros de I+D+i, encabezados polo CESGA, que xerarán novo coñecemento así como novos produtos e servizos baseados en tecnoloxías cuánticas; as empresas e a economía, cos que se traballará para impulsar a innovación e a utilización destas tecnoloxías; e a sociedade, para darlle a coñecer a utilidade desta tecnoloxía e os beneficios alcanzados por investir nela.
Conde concluíu destacando, tamén, a disposición da Xunta a colaborar co Goberno central, como así o está a facer, no marco do Plan complementario de I+D+i en comunicación cuántica. Segundo recoñeceu, Galicia é consciente da relevancia que a comunicación cuántica ten nesta era dixital para resolver as crecentes demandas científico-técnicas de sectores que van desde a medicina ata a loxística, pasando polas telecomunicacións, as finanzas e a propia industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?