Tras uns anos nos que parecía que os smartwatches baseados na plataforma de software de Google estaban estancados chegan novos procesadores de Qualcomm que promete dinamizar o sector, os novos Snapdragon W5+ Gen 1 e Snapdragon W5 Gen 1, que suporán un salto en prestacións e autonomía.
O procesador de referencia sería o Snapdragon W5+ Gen 1, que presume de reducir o consumo un 50%, dobrar o rendemento e reducir o tamaño ata un 30%, contando tamén con conectividade Bluetooth 5.3 e soporte dos estándares de baixa enerxía para transmisión sen fíos de datos e son.
Actualmente están en desenvolvemento 25 deseños de dispositivos con estes novos procesadores, sendo os primeiros fabricantes que os adoptarán Oppo e Mobvoi, polo que en poucos meses poderemos ver reloxos con Wear OS que fagan uso destes novos procesadores.
Qualcomm presenta novos procesadores para smartwatches
Compartir Este Artigo

