Na súa loita contra TikTok en Instagram seguen a potenciar os seus Reels, e agora presentan novos xeitos de colaborar e crear contidos deste tipo. Están a expandir as ferramentas para facer Remix, como a posibilidade de crear contidos deste tipo con fotografías públicas; engadirán modelos para o uso do efecto de pantalla verde en vertical, horizontal ou co efecto de imaxe en imaxe; e tamén permitirán que o usuario poida engadir un clip despois do vídeo orixinal, para a súa reprodución secuencial.
Outra novidade curiosa será que as publicacións de vídeo de menos de 15 minutos compartiranse como Reels nas vindeiras semanas, o que ampliará considerablemente o seu alcance. Deste xeito tamén se busca que Instagram ofreza unha experiencia móbil a pantalla completa, na liña do que fai TikTok.
Instagram potenciará novamente os Reels
Compartir Este Artigo
