O Carballo Interplay ten xa as datas oficiais para a súa décima edición: os días 29, 30, 31 de marzo e 1 abril de 2023. Prosegue deste xeito, con plenitude de enerxías, unha andaina dixital e audiovisual na procura de novos formatos e propostas que comezaba en 2013 na vila bergantiñá, da man de Sonia Méndez e un amplo equipo de traballadoras especializadas en contidos audiovisuais de actualidade, co apoio do Concello.
Segundo lembran dende Interplay Producións, “trátase dun dos festivais de contidos dixitais máis lonxevos de toda España, e sen dúbida un referente a nivel internacional”.
O Carballo Interplay achega ano tras ano á vila de Carballo eventos, proxeccións, charlas, obradoiros e mesas redondas cos profesionais máis reputados de cada ámbito.
Na súa última edición, o Carballo Interplay contou con iconos da cultura popular dixital galega e española coma Inés Hernand, Nerea Pérez de las Heras, Elizabeth Duval, Ana Polo, Andrea Gumes, Esther Estévez, Berto, ou Pablo Meixe.
Ainda non hai información oficial sobre o programa do décimo aniversario, pero dende a organización avanzan que “sen dúbida estará á altura dos dez anos previos e dos que ainda están por chegar”.
O Carballo Interplay 2023 celebrarase os días 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril
Compartir Este Artigo

