Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis da metade das empresas da Coruña solicitaron as axudas do Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis da metade das empresas da Coruña solicitaron as axudas do Kit Dixital

S. P.
Publicado: 01/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aeco_maria_rivas_reunion_kit_dixital.jpgMáis do 53% das pemes da provincia da Coruña solicitaron xa o Kit Dixital. Así o fixo saber a semana pasada a subdelegada do Goberno na provincia María Rivas, que animou ás empresas a tirar proveito desta iniciativa, cuxo prazo (na primeira convcocatoria, dirixida a empresas de entre 10 e 49 persoas empregadas), está aberto ata o 15 de setembro. Estas firmas, sinalou, poden acceder a bonos por importe de 12.000 euros para financiar a creación dun comercio electrónico, a xestión de redes sociais, a implantación de ferramentas para optimizar o negocio ou a contratación de servizos de ciberseguridade, entre outros recursos e servizos.
Rivas engadiu que Red.es abrirá nos vindeiros días a convocatoria para micropemes de 3 a 9 persoas traballadoras, que terán un bono de 6.000 euros para dixitalizarse. A subdelegada valorou que se trata dunha “gran oportunidade para que o tecido empresarial coruñés gañe en competitividade, modernizando e actualizando as súas empresas con solucións dixitais”
A subdelegada tamén salientou “o impacto positivo” da primeira convocatoria do programa Kit Dixital na provincia. Rivas celebrou que desde marzo xa se recibiron 1.409 solicitudes de empresas para esta axuda do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o que supón un 53,4% das empresas da provincia que poden acollerse a esta convocatoria. Así o explicou durante un encontro coa presidenta e outras representantes da Asociación de Empresarias da Coruña (AECO), ás que a que animou a aproveitar estas axudas que xestiona Red.es.
“É unha gran oportunidade para que o tecido empresarial coruñés gañe en competitividade, modernizando e actualizando as súas empresas con solucións dixitais”, manifestou a subdelegada cando se cumpren catro meses da apertura desta primeira convocatoria, que está dirixida a pequenas empresas de entre 10 e 49 traballadores.
Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado para conseguir “un avance significativo no nivel de madurez dixital”, e contribuír así a modernizar o tecido produtivo español. Este programa está financiado pola Unión Europea a través os fondos Next Generation, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliencia.
As solucións dixitais que proporciona o Kit Dixital están orientadas ás necesidades das pequenas empresas, microempresas e persoas autónomas que pertenzan a calquera sector ou tipoloxía de negocio. Estas solucións son ofrecidas por axentes dixitalizadores adheridos ao programa. Na web www.acelerapyme.es pódese consultar o catálogo de axentes, que actualmente conta con máis de 8.000 entidades e que está en permanente actualización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?