Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés potencia a eficiencia lumínica das oficinas de Correos de Suecia e Dinamarca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés potencia a eficiencia lumínica das oficinas de Correos de Suecia e Dinamarca

S. P.
Publicado: 02/08/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

postnord.jpgA empresa compostelá Televés deu novos e importantes pasos no seu espallamento internacional e na súa consolidación mundial como firma referencial do sector da nova enerxía (máis sustentable, eficiente, rendible, automatizada e intelixente). Segundo informou a compañía galega de tecnoloxías de telecomunicacións e eSaúde, vén de dotar os novos edificios de PostNord AB (operador de servizos postais nos países nórdicos) en Ljunby e Norrköping dunha infraestrutura de iluminación eficiente. O operador postal valorou o soporte técnico e capacidade de simulación virtual do proxecto que presentou Televés, con subministro integral de torres, farois e luminarias.
PostNord AB
PostNord AB é un provedor de servizos postais que opera principalmente nos países nórdicos. A pesar da súa recente creación no ano 2009, está a consolidarse como líder no seu sector grazas a que fusionou aos provedores de servizos postais daneses Post Danmark A/S e suecos Posten AB.
Segundo informa Televés, a compañía de propiedade estatal sueca ao 60% e danesa ao 40% é un exemplo de xestión internacional, con paridade de dereitos de votación ao 50%. Nas últimas décadas, a explosión de Internet e o maior manexo de plataformas dixitais significou unha diminución notable de máis do 86% na cantidade de cartas físicas enviadas, o que obrigou a evolucionar a súa estratexia de negocio para centrarse máis na entrega de paquetes, afectada en datas vindeiras polo aumento do volume de comercio electrónico.
Os novos edificios de Ljunby e Norrköping
Para mellorar a eficiencia loxística dentro da súa estratexia de negocio, PostNord construíu dous novos centros loxísticos, que tamén necesitaban a solución máis eficiente para iluminar o exterior das naves e a zona de seguridade e acceso. Para iso Televés ofreceu unha gama completa de solucións, afíns a cada necesidade. Entre elas destacan as luminarias AtmosLED para as contornas perimetrais e zonas de estacionamento e os proxectores Flex para zonas de entrada e maior tránsito. “A gran particularidade de este este mercado é que pola súa localización xeográfica necesitan máis de 20 horas diarias de proxección de luz artificial durante os períodos invernais, pero só dispoñen dun par de horas ao día de escuridade nos períodos estivais”, lembra a empresa de Compstela, recordando tamén que éste é o quinto proxecto que desenvolve Televés para o seu cliente Elajo, quen desde o primeiro momento agradeceu a cooperación da oficina técnica nas fases de definición das necesidades, con estudos específicos para cada área ou zona a iluminar. Segundo Christopher Flotow, prescriptor de iluminación de Televés Escandinavia, “este mercado valora que acompañes ao cliente en todas as fases do proxecto, coa facilidade que ofrece Televés ao entregar a solución completa, desde as torres e soportes ata os farois e luminarias, cunha vocación de servizo e unha cualificación técnica que transmite confianza e afianza as relacións a longo prazo”.
Televés despregou para ambos os edificios 14 torres de ata 18m de altura, onde foron habilitadas case 100 luminarias cos seus respectivos soportes, entre os que destacan os modelos de proxectores Flex con soportes de cruceta e parede e as luminarias AtmosLED con soportes verticais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?