Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En setembro chega á Coruña a a exposición internacional AI: More than human
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En setembro chega á Coruña a a exposición internacional AI: More than human

S. P.
Publicado: 03/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

more_than_human_poemportraits_barbican.jpgA sede da Coruña de Afundación prepárase estes días para recibir a montaxe da exposición internacional AI: More than human, un proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre Intelixencia Artificial creado polo Barbican Centre de Londres e co-producido polo Forum Groningen de Países Baixos. En palabras de Afundación, “trátase dun proxecto innovador, multidisciplinar e orientado cara ao futuro”.
A exposición, organizada na Coruña en colaboración con Ilux Visual Technologies, inaugurarase a comezos do mes de setembro e conta cunha montaxe que ocupará todo o edificio, dividido en catro apartados diferentes, sendo The Dream of AI a primeira parada no percorrido. Nela demóstrase que os inicios das tecnoloxías con capacidade de procesar grandes cantidades de información, aprender e tomar decisións son moito máis antigos do que adoitamos a crer, xa que se remontan a tradicións relixiosas coma o xintoísmo xaponés ou a cultura xudía.
A segunda sección da exposición leva por nome Mind Machines e amosa como a Intelixencia Artificial cobra forma grazas aos avances informáticos e matemáticos dos século XIX e XX, e como estes seguiron expandíndose a grande velocidade no século XXI dando á tecnoloxía capacidades espectaculares como acontece coas redes neuronais artificiais. Os visitantes terán a oportunidade de ver e interactuar coas máquinas Enigma e Bombe de Alan Turing, elementos claves no transcurso da II Guerra Mundial. Pero tamén con desenvolvementos máis recentes de empresas como Denso Corporation, que expón o seu brazo robótico, e o departamento de Arte e Cultura de Google, que presenta unha obra interactiva que achega a IA á poesía británica do século XIX, entre outras moitas obras.
Data Worlds é a terceira sección de AI: More than human. Nela ofrécese unha análise da infinidade de aplicacións que ten esta tecnoloxía, así como a súa incorporación a ámbitos como a sanidade, o xornalismo ou o comercio.
Endless Evolutio é a última sección do percorrido e céntrase na área de investigación coñecida como A-Life, a cal amosa a fusión da IA con outras disciplinas para cambiar a nosa idea do que chamamos “natural”. Aquí, o visitante poderá ver, por exemplo, como millóns de copias dun álbum musical poden ser codificadas en ADN e gardadas dentro de botes de spray, ou incluso ulir as flores dunha árbore que se extinguiu máis de 100 anos atrás.
Ademais, deseñouse unha aplicación exclusiva para a estadía da exposición na Coruña. Trátase dun desenvolvemento que combina a IA coa análise da información a gran escala (Big Data), todo isto aplicado ao turismo, para facilitar a busca de recursos mediante imaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?