Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC equipa de competencias dixitais a máis de 2.000 persoas dende maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC equipa de competencias dixitais a máis de 2.000 persoas dende maio

S. P.
Publicado: 05/08/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TiC Galicia
Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TiC Galicia
O Clúster TIC Galicia vén de dotar de competencias dixitais a 2.048 persoas dende o mes de maio a través do plan formativo centrado nas TIC, que impulsa en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta. “Isto”, explicou a alianza de empresas galegas do sector dixital, ”supón a execución de máis do 50% do orzamento achegado, que ascende a 1,8 millóns de euros, e cuxo investimento total se prevé efectuar antes do 30 de novembro deste ano”.
O programa abrangue preto de 80 cursos de balde dirixidos a traballadores, autónomos e desempregados, co obxectivo de “cumprir coas súas aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal, así como mellorar as súas competencias e habilidades tecnolóxicas para dar resposta ás necesidades actuais do mercado”.
A oferta formativa, que se imparte en tres modalidades (en liña, a través dunha aula virtual ou combinando ambas posibilidades), está centrada no ámbito tecnolóxico, con cursos sobre Intelixencia Artificial, análise de información a gran escala (Big Data), ciberseguridade, desenvolvemento e analítica web, programación, bases de datos, solucións de código aberto (open source), bootcamps, ademais de distintos niveis de idiomas e habilidades de xestión e vendas.
Con esta iniciativa, o Clúster TIC Galicia pretende ofrecer unha formación upskilling, reforzando as habilidades que xa teñen os traballadores, e reskilling, para a adquisición de novas competencias por parte do alumnado.
Para a execución deste convenio, a entidade estase a apoiar na bagaxe de provedores formativos tan destacados como Femxa e Gdoce, que están a colaborar na xestión, organización e impartición das accións formativas incluídas no proxecto.
Este programa está enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, os fondos Next Generation da Unión Europea e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?