Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Isabel Rodríguez fai un chamamento á transformación tecnolóxica dende a sede de Estati.co
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Isabel Rodríguez fai un chamamento á transformación tecnolóxica dende a sede de Estati.co

S. P.
Publicado: 05/08/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

isabel_rodriguez_kit_dixital.jpgA subdelagada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou esta semana a sede da emprea Estati.co, unha das firmas-axentes de transformación tecnolóxica adheridas ao programa Kit Dixital, dun total de 8.700 colaboradores adheridos. Fíxoo acompañada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Asociación de Empresarios Novos, Ramón Díaz.
Na súa estadía Rodríguez anunciou que as axudas da segunda convocatoria do programa Kit Dixital, dirixida a empresas de 3 a 10 empregados, poderán solicitarse a partir de 2 de setembro e durante un ano. Tamén fixo saber que na primeira fase solicitaron o bono máis da metade das empresas da provincia de Lugo de 10 a 49 empregados. “O prazo para este segmento de empresas aínda está aberto ata o 15 de setembro”, sinalou tamén, salientando as oportunidades que este programa, nas súas dúas edicións complementarias, pon a disposición dos pequenos empresarios e emprendedores lucenses para “mellorar a súa competitividade e modernizarse coas axudas á dixitalización do programa Kit Dixital”.
Isabel Rodríguez destacou que “o Goberno está implicado en modernizar o tecido empresarial e, para logralo, aproveita fondos do Plan de Recuperación para favorecer a dixitalización das pequenas empresas, obxectivo ao que destinará 3.067 millóns de euros durante tres anos”.
Tamén indicou que o programa Kit Dixital é “unha axuda do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que marcará un antes e un despois na dixitalización de pequenas empresas, emprendedores e autónomos de todos os sectores produtivos”, indicou a subdelegada.
Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou a importancia das axudas do Goberno Central “destinadas ao tecido económico, que permitirán que se consoliden e xeren novos proxectos empresariais cun impacto social positivo de carácter innovador, que sen dúbida impulsará a recuperación, consolidación e crecemento do investimento privado local”.
Segunda fase
A subdelegada anunciou que o Ministerio acaba de convocar a segunda fase do programa. Neste caso, as axudas destínanse a empresas que teñen de 3 a 10 empregados. A convocatoria, que ten unha dotación inicial de 500 millóns de euros, publicouse onte, martes, no Boletín Oficial do Estado.
O prazo para as solicitudes desta segunda fase do Kit Dixital abrirase o día 2 de setembro e prolongarase durante doce meses. As axudas poden solicitarse a través da sede electrónica de Red.es, que é quen xestiona os bonos.
Neste caso, a contía da axuda será de 6.000 euros. Con ela as pemes poderan adquirir as solucións de dixitalización para áreas clave como: sitio web e presenza en Internet, xestión de redes sociais, comercio electrónico; a xestión de clientes; servizos e ferramentas de oficina virtual, intelixencia empresarial e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras, e ciberseguridade. Ademais, nesta segunda convocatoria, engádense dúas novas categorías como son presenza avanzada en Internet e marketplace.
O programa Kit Dixital contará cunha terceira fase, que se destinará a autónomos e micropemes que teñen menos de 3 traballadores ou que non teñen ningún.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?