Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O obradoiro compostelán Innobosque achegará empregabilidade en natureza e TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O obradoiro compostelán Innobosque achegará empregabilidade en natureza e TIC

S. P.
Publicado: 08/08/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

innobosque_premios-2.jpgO próximo 19 de setembro comezará a desenvolverse o proxecto Obradoiro de Emprego Innobosque, que achegará un posto de traballo durante 12 meses a 20 persoas desempregadas da cidade maiores de 18 anos. Dez delas formaranse na especialidade de Repoboación forestal e tratamentos silvícolas e as outras dez en Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos e en Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web. Porase o foco nas posibilidades que abre a confluencia entre TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e medio natural urbano.
Este obradoiro, subvencionado pola Xunta de Galicia con 500.000 euros, ten como obxectivo “mellorar a empregabilidade de persoas sen traballo a través da súa cualificación profesional combinada coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social”.
Búscase, máis polo miúdo, “incidir na identificación e avaliación dos desafíos e impactos dos bosques urbanos como solucións baseadas na natureza ao redor de catro temas relevantes a nivel local”. Temas como o cambio climático (a mortandade das árbores na cidade inducida pola calor), a recreación (a importancia dos bosques urbanos como lugares de encontro), a saúde pública (a desconexión da cidadanía co espazo verde), a educación ambiental (o descoñecemento dos múltiples beneficios dos bosques urbanos, especialmente para o desenvolvemento e educación dos nenos e nenas).
Programáronse unha serie de servizos a realizar na etapa de formación e alternancia:
-Repoboación forestal e tratamentos silvícolas
O obxectivo final será a recuperación da cuberta arbórea dos bosques urbanos, o “que repercutirá nunha mellora en varios aspectos como son a calidade paisaxística dos bosques urbanos, a diminución dos procesos erosivos, a creación dunha diversidade ecolóxica, e aumento da diversidade de hábitats para a fauna e a mellora do ciclo hidrolóxico”, sinalou o Concello.
-Desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas e productos audiovisuais
Deseño e creación dunha aplicación móbil para a execución dun Servizo tecnolóxico de valorización do Bosque Urbano de Santiago, coa finalidade de transmitir á cidadanía de Santiago, a través dun espazo web e de redes sociais, a importancia das zonas verdes en xeral e das súas superficies arborizadas en particular, de xeito que coñezan o efecto beneficioso sobre a súa saúde e sobre a habitabilidade dos espazos. O Concello explicou que a ferramenta ealizarase contando coa dispoñibilidade de elementos de xestión da pegada de carbono da cidade, estudando a súa captación e almacenamento por parte da actual composición árborea dos nosos parques, viario e zonas verdes en xeral; avaliando o potencial que posúe o bosque urbano local na contribución ao cumprimento dos estándares de calidade do aire e o seu efecto sobre o cambio climático; e analizando a estrutura do seu arboledo e o seu papel na redución da contaminación atmosférica e captación de CO2, valorando tanto cuantitativa como economicamente os beneficios ou servizos ecosistémicos que ofrecen á cidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?