Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno levará a banda larga de ultima xeración a 138 vivendas e empresas de Mañón
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno levará a banda larga de ultima xeración a 138 vivendas e empresas de Mañón

S. P.
Publicado: 09/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

maria_rivas_biblioteca_manon.jpgO concello do Mañón, un dos 278 municipios de Galicia beneficiados da primeira convocatoria do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión Único – Banda Larga, vai recibir um impulso importante do Goberno en materia de cobertura. Neste territorio a empresa adxudicataria do programa deberá executar 26 proxectos para levar Internet ultrarrápida, de última xeración, ata 138 vivendas e empresas. Así o deu a coñecer este 9 de agosto a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, durante unha visita á Biblioteca Municipal do Barqueiro, no concello de Mañón, onde destacou o labor deste centro para fomentar á lectura entre toda a veciñanza e situar a cultura como un importante motor de recuperación.
Rivas tivo este martes 9 a oportunidade de coñecer as instalacións da biblioteca galardoada na XXII edición dos Premios María Moliner acompañada polo alcalde do municipio, Alfredo Dovale, a responsable do dito servizo, Begoña López, e outros representantes da Corporación municipal. “A Biblioteca de Mañón, como amosa este premio, é un exemplo de como debemos traballar para promocionar a lectura e a formación. Un exemplo que tamén vemos noutros concellos premiados este ano como Ares, Ortigueira e Oleiros, e que animo a imitar a todos os municipios da nosa provincia”, subliñou Rivas.
Estes galardóns premian con 2.777 euros a cada unha das 370 propostas seleccionadas de bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes de toda España. Recoñecen aos mellores proxectos de animación á lectura dirixidos a toda a veciñanza, especialmente a colectivos con dificultades para o acceso á lectura. As 370 bibliotecas dos municipios seleccionados, dun total de 547 proxectos presentados, destinarán a contía dos premios principalmente a compra de libros e publicacións periódicas co fin de ampliar o seu catálogo.
A Biblioteca Municipal do Barqueiro foi recoñecida polo Ministerio de Cultura grazas ao seu proxecto De Caión a Mogor, no curso do río Sor, orientado a achegar os seus servizos a a persoas de todas as idades e promocionar a lectura, a formación e a cultura no Concello. A iniciativa incluíu, entre outras actividades, obras de teatro, contacontos, clubs de lectura, exposicións bibliográficas e obradoiros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?