Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilalba impulsa un proxecto de infraestruturas ambientais e dixitais para reducir a contaminación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilalba impulsa un proxecto de infraestruturas ambientais e dixitais para reducir a contaminación

S. P.
Publicado: 11/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilalba_lecer_dixital_infraestruturas.jpgO Concello de Vilalba presentou os detalles dun proxecto de infraestruturas ambientais e dixitais para dar unha viraxe ás zonas verdes e de lecer: unha viraxe propia das Cidades Intelixentes e que pon o foco na sustentabilidade. A iniciativa abranguerá varias varios conxuntos arbóreos e rúas do centro urbano, que se someterán tamén a traballos para favorecer a accesibilidade. O Concello fará fronte á actuación cunha subvención de 500.000 euros ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Esta achega permitiría afrontar o 100% do investimento necesario na actuación.
En concreto, a actuación acometeríase na rúa de Galicia e a súa continuación na rúa Cidade de Lugo; avenida Terra Chá; rúa da Feira; rúa Campo da Ponte; rúa Muras e a súa continuación coa avenida de Cospeito; rúa Castelao e Camiño Campo Redondo, ata o cruzamento co camiño das Rodas.
A través deste proxecto dotarase de arboredo, espazos permeables e zonas de descanso e calidade ambiental aos veciños de Vilalba. Paralelamente, a actuación diríxese tamén a mellorar a infiltración de pluviais; a resiliencia fronte ao cambio climático; as capacidades de captación de carbono, a xestión das aguas pluviais, e o conxunto da calidade urbana de Vilalba.
No caso de realizarse a actuación, a xestión das novas plantacións xerará postos de traballo e unha bagaxe dixital e específica de “gran potencial”, en palabras do Concello, que engade que está previsto incorporar Sistemas de Drenaxe Urbana Sustentable (SUDs) e as técnicas GIS para o inventariado e xestión das novas zonas instaladas.
“O proxecto aumenta a comodidade dos peóns e dos usuarios dos estacionamentos; as zonas verdes, ademais da colocación de contornas arbóreas que permitirán áreas de sombra e a redución da contaminación, incorporando unha zona de estar que mellora a accesibilidade das beirarrúas, permitindo o descanso das persoas con mobilidade reducida e a convivencia entre os habitantes”, explicou Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.
O proxecto afecta a un ámbito dun total de 87.000 m2 de viario urbano, nos que se disporán un total de 118 conxuntos arbóreos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?