
Este fito, engádese no balance, logrouse grazas a un intenso traballo por parte dos equipos de despregadura da compañía e aos plans de extensión desta infraestrutura, como o Plan de Extensión da Banda Ancha de Nova Xeración —PEBANG— e o Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (Único – Banda larga), impulsados ambos polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
O fornecemento da rede de fibra, centrada agora nas áreas máis rurais e orograficamente máis complexas, continuará polo menos ata decembro do 2023, cando se alcanzará case o 94,4 por cento das unidades inmobiliarias de Pontevedra. As máis apartadas, ás que sexa imposible conectar por FTTH, poderán dispor de banda larga vía radio ou satélite.
A compañía engade que “os fogares conectados por FTTH poden gozar xa da fibra óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes”. Ademais, se o usuario dispón de MovistarPlus+, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, “ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede”, engade a empresa.
A rede de FTTH de Movistar chega xa ao 93% das unidades inmobiliarias de Pontevedra
Compartir Este Artigo

