O operador R conseguiu pechar un acordo con DAZN para poder ofrecer aos seus clientes o plan DAZN Total a un prezo de 19,99 euros/mes se o inclúen na tarifa mensual do operador (para acceder a este prezo fóra de operador é preciso contratar o ano enteiro, mentres que con R non hai permanencia). Esta promoción está dispoñible para os clientes de R que teñan banda larga e Agile TV, de xeito que poderán gozar dunha boa integración dos fútbol no seu servizo de televisión. Os clientes que teñan banda larga sen televisión terán que pagar 23,99 euros/mes.
Cómpre salientar que con DAZN Total terán acceso só a 5 partidos de LaLiga Santander en cada unha das 35 xornadas, aínda que tamén contarán con outras competicións internacionais de fútbol (como a Premier League e a Copa Libertadores) e unha completa oferta multideportiva (MotoGP, Moto2, Moto3, F1, Turkish Airllines EuroLeague e as veladas de Matchroom Boxing), así como unha extensa programación orixinal con documentais e outros formatos especiais.
Con esta novidade nos servizos de R o operador recupera parte dos contidos futbolísticos que parecían monipolizados polos operadores Movistar e Orange, pero que nas vindeiras tempadas terán unha maior dispoñibilidade grazas a entrada de DAZN.
Os clientes de R poderán gozar do fútbol televisado a través de DAZN
Compartir Este Artigo
