Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense creará oficinas para facilitar a transición dixital de pemes, autónomos e emprendedores no rurais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense creará oficinas para facilitar a transición dixital de pemes, autónomos e emprendedores no rurais

S. P.
Publicado: 11/08/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

baltar_fernando_suarez_deputacion_ourense.jpgA Deputación de Ourense deu este mes de agosto un novo impulso ao seu proxecto AcelerOU, programa que espallar e fortalecer a adopción de tecnoloxías dixitais por parte das pemes, persoas autónomas e emprendedores da provincia. Este programa converteuse nun dos beneficiarios da convocatoria de axudas para a creación da Rede de Oficinas Acelera Peme, aportando parte do orzamento previsto. Manuel Baltar reuniuse co director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, para avanzar nun proxecto que busca axudar “na transformación da economía e da sociedade cara a unha contorna dixital, un movemento imprescindible para fixar poboación e seguir potenciando o rural”, explicou o presidente.
Baltar tamén enxalzou “o excelente labor dos técnicos da Deputación no deseño de plans e programa co potencial necesario para captar fondos comunitarios”, e encadrou AcelerOU dentro do traballo do Goberno provincial pola “vertebración territorial, a loita contra a fenda dixital e a igualdade de oportunidades, así coma dentro da nosa aposta por apoiar e acompañar a pemes, autónomos e emprendedores de Ourense”.
O presidente tamén lembrou que AcelerOU conta co respaldo de concellos e apoios como a Universidade de Vigo, asociacións de desenvolvemento rural e entidades vinculadas á innovación e a tecnoloxía. En concreto, salientou o apoio de entidades potencialmente demandantes de tecnoloxía (CEO, Confederación de Empresarios de Hostalería, Consellos Reguladores, etc), vencelladas ao coñecemento e a oferta tecnolóxica (Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, o Clúster TIC, a Tecnópole…), entidades autonómicas de apoio á innovación coma a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), así como asociacións de desenvolvemento rural. Tamén destacou o respaldo de entidades enfocadas á muller, como a Asociación Galega de Mulleres Rurais ou Executivas de Galicia, nun programa “que ten coma un dos seus principais obxectivos potenciar a participación das mulleres nas actividades propostas para fomentar o autoemprego feminino”, dixo.
Baltar e Suárez explicaron que o proxecto AcelerOU terá unha duración de 24 meses e abranguerá “un amplo abanico de temáticas con relación á dixitalización dos usuarios”. Entre outros eidos, traballará na estratexia e cultura dixital; a relación co cliente: visibilidade e comercialización; procesos internos; novos produtos e servizos e seguridade informática. Todas estas temáticas serán abordadas a través dunha ampla serie de tecnoloxías e ntre os obxectivos inclúese tamén o asesoramento e apoio en todo o relacionado cos trámites do programa Kit Dixital.
Para levar a o porto todos estes feitos combinarase o traballo dunha oficina física permanente nas instalacións do INORDE en Xinzo e unha oficina itinerante, con estadías semanais en municipios de todas as comarcas ourensás. Ademais, establecerase unha oficina virtual, aberta 24 horas ao día os 7 días á semana e que combina un sistema de chatbot conversacional cunha interacción dentro dun contorna web tipo ou mediante a recreación dun espazo de realidade virtual 3D.
O proxecto implementará xornadas de sensibilización e de apoio para a introdución e uso de tecnoloxías da comunicación e da información innovadoras, favorecendo a súa incorporación nos seus procesos produtivos e de xestión co seu Concello. Amais, desenvolveranse sesións de networking para conectar a oferta coa demanda tecnolóxica relacionada coa transición dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026
Actualidade

WhatsApp por fin incorpora as mensaxes programadas

25/11/2026
Actualidade

Rueda reclama tolerancia cero fronte á violencia machista tamén no ámbito dixital

25/11/2026
Actualidade

A Deputación de Lugo presenta o seu modelo de IA nun congreso internacional en Madrid

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?