Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra e ASIME impulsan un revolucionario proxecto para combater a fenda de xénero tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra e ASIME impulsan un revolucionario proxecto para combater a fenda de xénero tecnolóxica

S. P.
Publicado: 17/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_tecnoloxicas-1-2.jpgA Deputación de Pontevedra e ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas) asinaron un convenio para situar a provincia e Galicia na vangarda da loita contra a fenda de xénero de índole STEAM e industrial. Trátase do proxecto Tecnolóxicas, co que as dúas entidades buscan tamén impulsar unha cultura do talento feminino tecnolóxico así como dar visibilidade para atraer ás mozas ás carreiras STEAM (acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática). Nesta primeira edición, Tecnolóxicas desenvolverase ata o 2023 e conta cun orzamento que supera os 200.000 euros, dos que a institución provincial achegará 135.728.
Con motivo deste acordo, a presidenta da entidade provincial, Carmela Silva, sinalou o seguinte: “Os datos de matriculación das mulleres nas STEAM, nas carreiras de Enxeñería, Ciencias, Matemáticas, en lugar de medrar, caen. Soamente somos o 6% das persoas en estudos TIC, o 14% en FP de Informática ou o 13% das persoas graduadas en STEAM. Estes datos téñenos que poñer en alerta, porque están e van ocasionar que as mulleres esteamos excluídas da posibilidade de ser lideresas do sector tecnolóxico. Por iso, dende a Deputación, queremos dar un paso cara adiante para modificar esta realidade”. A presidenta destacou que unhas 600 empresas están adheridas a ASIME, polo que se trata dun convenio de gran alcance.
Tecnolóxicas, que optará aos fondos Next Generation como programa de igualdade, arrancará este 2022 como proxecto piloto coa participación de 10 mulleres e 10 empresas. Está baseado en tres piares: a formación, o mentoring e a sensibilización. No primeiro eido, as rapazas seleccionadas recibirán cursos gratuítos acorde á demanda do propio sector empresarial e tamén se ofrecerán 10 contratos en empresas cunha duración de 6 meses para a posta en práctica da formación adquirida, facilitando o acceso a empregos técnicos demandados polo sector. As empresas que reciban alumnas accederán a un Selo de Igualdade de Talento na Tecnoloxía.
No que atinxe ás actividades de mentorización, as dez participantes serán tuteladas durante 8 meses por profesionais femininas con perfís técnicos e directivos do sector, cunha titorización personalizada para orientación técnica, contacto coas empresas candidatas, orientación á formación, creación dun itinerario laboral e acompañamento. Por último, no apartado de sensibilización búscase xerar referentes locais entre a comunidade con actividades en todas as etapas educativas. Na Infantil e Primaria realizarase con actividades e biblioteca e na ESO favorecerase a inclinación á tecnoloxía incidindo na percepción de utilidade a fin de favorecer a opción dos estudos STEM no Bacharelato, FP e na Universidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?