O Concello de Poio vai ccontribuír a combater a fenda dixital de xénero cunha nova formación en setembro. Esta foi dada a coñecer polo concelleiro de Promoción Económica de Poio, Gregorio Agís, que informou de que a actividade desenvolverase nas próximas semanas o Centro de Formación da Reiboa. O curso Galegas Dixitais, que se vai desenvolver do 1 ao 13 de setembro, é un programa de formación no que se ofrece a mulleres formación no uso de nuevo tecnoloxías da comunicación.
As firmas BeProject Consultores e Ara Formación son as promotoras do proxecto, que conta coa colaboración do Concello. Trátase dunha formación de 120 horas.
Os contidos céntranse en tres bloques diferentes. No primeiro tocaranse temas básicos para facer doado o uso de ferramentas dixitais no día a día. Nun seguinte nivel abordaranse cuestións laborais nunha última parte máis específica abordarase a cuestión do emprendemento e do emprego de ferramentas virtuais para impulsar un negocio.
Poio acollerá en setembro un curso de dixitalización para mulleres
Compartir Este Artigo

