Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Baiona habilitará dúas ducias de balizas electrónicas para achegar información turística aos móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Baiona habilitará dúas ducias de balizas electrónicas para achegar información turística aos móbiles

S. P.
Publicado: 19/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oficina-turismo-baiona-3.jpgO Concello de Baiona vai dar un impulso transformador e dixitalizador aos seus servizos turísticos. Segundo informaron a Deputación de Pontevedra e o Gobenro local, Baiona tirará proveito das posibilidades interactivas que achegan os dispositivos móbiles para enriquecer as experiencias de todas as persoas que acudan á vila, e máis polo miúdo á súa Oficina de Turismo. Empregaranse neste punto recursos como novos soportes de datos (beacons), unha impresora braille ou un bucle magnético. O proxecto chámase Tourist Inside e conta con financiamento europeo xestionado polo Goberno.
As melloras foron anunciadas pola presidenta provincial, Carmela Silva, quen tamén comunicou investimentos nos vindeiros meses de cara á dixitalización desta oficina da man do proxecto europeo Tourist Inside Rías Baixas. Fíxoo nunha visita a este espazo de información na que tamén estivo presente o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.
Segundo explicaron, Tourist Inside fará “que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación sirvan para optimizar a satisfacción das e dos visitantes da oficina de Baiona así como a experiencia turística das persoas con diversidade funcional, dado que ao abeiro deste proxecto instalarase unha impresora braille na oficina, que permitirá ampliar a oferta de información escrita, así como un bucle magnético, que axudará a que as persoas con dificultades de audición desfruten por completo das visitas guiadas neste concello”.
A oficina de Baiona tamén contará cunha pantalla de 55 polgadas no seu interior na que se divulgarán contidos de interese turístico de Pontevedra provincia así como cun tótem situado na fachada exterior do inmóbel no que se proporcionará información do destino. Do mesmo xeito, habilitarase unha tableta que se empregará para realizar enquisas de satisfacción.
Ademais, en 24 puntos do concello disporanse beacons, ou sexa, balizas electrónicas que transmitirán información de interese aos móbiles das e dos visitantes a través da tecnoloxía Bluetooth.
Na presentación tamén se fixo saber que o punto de información dispón do distintivo de calidade que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) o que “converte a oficina nunha referencia na atención aos visitantes, dado o grao de cumprimento dos estándares e procedementos certificados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?