Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGADIC achega 194.000 euros á materialización de 19 proxectos audioivisuais, incluídas 2 webseries
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGADIC achega 194.000 euros á materialización de 19 proxectos audioivisuais, incluídas 2 webseries

S. P.
Publicado: 19/08/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

claqueta_audiovisual.jpgA Consellería de Cultura e Educación, a través da axencia AGADIC, vén de adxudicar as subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento galego, a través das que distribúe 194.000 euros entre os 19 proxectos seleccionados na convocatoria de 2022. A través desta resolución, que se pode consultar na web de AGADIC, apoirase a realización de seis guións para longametraxes, dúas webseries, tres longametraxes e oito curtas.
Nun plano máis concreto, serán 30.000 euros se destinan á modalidade A, centrada en promover proxectos de escrita de guión. A mesma linguaxe (a illa de antes), de Claudia Brenlla; Abellón, de Fon Cortizo; Juan Sen Terra, de Álvaro Fernández Fernández; Feismo, de Lorena Iglesias Lista; Panta rhei, de Lois Patiño, e Decorado, de Alberto Vázquez foron os proxectos mellor puntuados no apartado de escrita de guión, polo que recibirán unha subvención de 5000 euros en cada caso.
Pola súa banda, cada unha das propostas subvencionadas na categoría destinada ás longametraxes (Pausa na présa, de Alejandra Aguirre Ordóñez; Da túa man para a miña, de Miramemira, e Deuses de pedra, de Ángel Santos) recibirán 30.000 euros para impulsar a súa realización, mentres que Pulp air, de Henfunk, e Nómades, de Mala Herba Producións, son as dúas webseries elixidas no seu ámbito. Cada unha delas recibe unha axuda de 15.000 euros.
O apoio do Goberno galego a través das axudas ao talento audiovisual no caso das curtametraxes divídese en dúas submodalidades. A primeira destínase a fitas en galego xa rodadas e que realicen os traballos de posprodución na Comunidade. Nesas circunstancias atópanse as producións O íntimo (de vivir unha corentena), de Indígena Films, e Compañeiros, de Kraken Films, que se reparten 8.000 euros.
O segundo subapartado distribúe 30.000 euros entre seis curtametraxes de futuro desenvolvemento: O coidado, de Miguel Canalejo; Un novo día, de Gonzalo Javier Caride Baquero; O monstro e a nena, de Jorge Juan Costas Mira; Curmán, de Alejandro Jato; Recordar con elas, de Carmen Méndez Lamas, e Parafuso, de Rocío Torres Pumeda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?