Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alén Space e EGATEL revolucionarán as comunicacións marítimas cun novo proxecto: SATMAR
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alén Space e EGATEL revolucionarán as comunicacións marítimas cun novo proxecto: SATMAR

S. P.
Publicado: 22/08/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

alen_space-3.jpgAs firmas innovadoras galegas Alén Space e EGATEL seguen a dar imporrtantes avances en materia de comunicacións marítimas a través do proxexto SATMAR, dirixido a dixitalizar este tipo de comunicacións. Neste intre, as dúas empresas preparan a validación en órbita do novo estándar VDES (VHF Data Exchange System). Esta iniciativa, explican, “inclúe o deseño, a fabricación, o lanzamento e a operación dun nanosatélite destinado a avaliar a capacidade desta nova tecnoloxía”o O obxectivo é frecer novos servizos á industria naval e impulsar a súa transformación dixital.
Trátase así de probar, nun escenario real, a viabilidade dunha solución completa de comunicacións e servizos satelitais co estándar VDES. Este innovador proxecto, que en palabras de EGATEL e Alén Space, “está chamado a revolucionar as comunicacións marítimas en todo o mundo”, é unha das iniciativas seleccionadas polo fondo de capital Ports 4.0, impulsado por Portos do Estado e polas Autoridades Portuarias Españolas.
Ademais da posta en órbita dun nanosatélite 6U, prevista para comezos do ano 2024, o proxecto tamén contempla o desenvolvemento de terminais embarcados e de estacións costeiras, “un paso fundamental para avanzar cara ao despregamento real da tecnoloxía VDES”, sinalan, engadindo que SATMAR pretende “demostrar a eficacia do novo estándar, que integrará o actual sistema AIS de comunicacións marítimas, e que permitirá ofrecer novos servizos para mellorar a seguridade das embarcacións”.
Vantaxes
Entre as vantaxes da tecnoloxía VDES destacan a capacidade de proporcionar comunicación bidireccional, o mantemento da conectividade mesmo a grandes distancias da costa, a prevención de problemas de saturación de redes, a estimación máis precisa dos tempos de chegada das embarcacións, a mellor xestión das alertas marítimas e o cifrado da información transmitida.
Un proxecto pioneiro
shipmate.jpg Alén Space e EGATEL lembran que arestora non existen operadores de satélite que estean a explotar comercialmente o estándar VDES, polo que SATMAR “pode situarse” como unha solución de vangarda para as comunicacións do sector naval. “Queremos capturar esta oportunidade que temos diante de nós para formar parte deste cambio e apostar pola tecnoloxía VDES”, explica Antonio Vázquez, responsable de desenvolvemento de negocio e co-fundador de Alén Space. “Con SATMAR podemos situar a España e ás empresas que participamos neste proxecto como pioneiros no campo das comunicacións marítimas”, engade.
Vázquez engade que a incorporación dos satélites á tecnoloxía VDES supón un “salto disruptivo que permitirá abordar a dixitalización das comunicacións no mar, xa que o seu desenvolvemento é clave para a transformación dixital do sector marítimo”.ón natural do proxecto SHIPMATE, xa que imos probar en órbita a tecnoloxía desenvolvida”, explica Antonio Vázquez.
A maiores, para a execución do proxecto contarase coa participación da Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras e das empresas Oritia & Boreas, S.L. e Hércules Control, S.L., como representantes de pemes do sector marítimo-portuario”, comenta Manuel Pozo, SVP of Sales Engineering & Consulting de Egatel. Deste xeito, ao involucrar a participación directa destes axentes, “posibilítase coñecer de primeira man as potencialidades reais da tecnoloxía polo ámbito loxístico-portuario e do sector marítimo en xeral”, engade Manuel Pozo.
Recursos en xogo
O satélite de SATMAR contará cunha plataforma de radio definida por software (SDR) de alta capacidade que permitirá implementar nun mesmo módulo un transceptor de VDE satelital (VDE-SAT) para unha banda de frecuencia VHF e un enlace de alta velocidade con terra. Esta tecnoloxía cobre todas as necesidades do proxecto sen desenvolvementos adicionais e permitirá minimizar o volume e a masa do satélite, co que se reducirán os custos de desenvolvemento e de lanzamento, o que á súa vez facilitará o despregamento de constelacións de nanosatélites para proporcionar servizos VDES.
Alén Space e EGATEL xa colaboraran previamente no desenvolvemento dunha solución VDES para a dixitalización das comunicacións navais no marco do proxecto SHIPMATE (Satellite Hybrid Information Protocol for MAritime TElecommunications), no que tamén participaba o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant). “SATMAR é un proxecto con múltiples desafíos técnicos, que podemos considerar como a continuación natural do proxecto SHIPMATE, xa que imos probar en órbita a tecnoloxía desenvolvida”, explica Antonio Vázquez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?